¡Por só unha décima! Víctor Senra gaña o Rali da Coruña por un suspiro despois de 90 quilómetros cronometrados

charo alonso / pablo gómez / ana igrexas

MOTOR GALEGO

O piloto de Dumbría dá a volta á xeral e arrebatar o primeiro posto a Iago Caamaño no último tramo dunha carreira apaixonante

29 feb 2020 . Actualizado ás 23:34 h.
A crónica
Unha remontada épica

Víctor Senra e Iago Caamaño protagonizaron un final de infarto. 

Desde dentro
Intercambio de papeis
O momento clave
Así se salva unha carreira desde a asistencia

O equipo de Víctor Senra e David Vázquez decidiu rápido e ben. Quedaban tres tramos por diante.

¡Víctor Senra campión!

O piloto de Dumbría logrou arrebatarlle o primeiro posto a Iago Caamaño no último suspiro e por só unha décima de diferenza na xeral. ¡Vaia final de proba!

Tramos nocturnos
Trompo na glorieta de Boedo

O rali deixou momentos para o recordo unha vez que caeu a noite, como este trompo na rotonda de Boedo

Último tramo en marcha

Víctor Senra chega ao control stop que valora negativamente a carreira polos problemas mecánicos que sufriu durante o rali. Achaca á elección de pneumáticos ao motivo da súa mala carreira.

Scratch de Senra

De novo apertou o acelerador o piloto de Dumbría, pero non o suficiente. Aínda que marcou o tempo máis rápido neste tramo de Cerceda cun tempo de 7:05.251, na xeral sitúase a 12 segundos de Caamaño de cara ao último tramo desta proba. Así quedou a clasificación do tramo:

1. Víctor Senra 7:05.251

2. Alberto Meira 7:06.757 +1.506

3. Iago Caamaño 7:09.254 +4.003

4. Óscar Palacio 7:14.731 +9.480

5. Luis Vilariño 7:26.822 +21.571

A piques de comezar o tramo de Cerceda

Case de noite e con choiva arrincará o penúltimo tramo deste rali coa pelexa entre Caamaño e Senra. Todo por decidir e nós estaremos aí para contarcho. 

Copa Pirelli Top Ten B

Así está a xeral na Copa Pirell Top Ten B:

1. David Rivas 50:01.831

2. José Manuel Pazos 50:26.200

3. Daniel Álvarez Rivas 50:37.605

Imaxes espectaculares

Esta rotonda no tramo entre Culleredo e Arteixo foi a delicia de moitos espectadores:

A 11 segundos

Recorta distancias notablemente Víctor Senra neste tramo e sitúase a 11 segundos do líder, Iago Caamaño, a falta de dous tramos. Así está a xeral: 

1.Iago Caamaño 46:28.625

2. Víctor Senra 46:39.947 +11.322

3. Alberto Meira 47:09.939 +41.314

4. Alberto Otero  47:11.024 +42.399

5. Óscar Palacio 47:21.640 +53.015

6. Luis Vilariño 48:34.480 +2:05.855

Scratch de Víctor Senra

Como era de agardar, Víctor Senra apertou o acelerador cun tempo de 7:44.825. Alberto Otero foi o segundo cun tempo de 7:52.411. Así quedou a clasificación deste tramo de Aranga:

1. Víctor Senra: 7:44.825

2. Alberto Otero: 7:52.411

3. Iago Caamaño 7:52.818

4. Alberto Meira 7:58.177

En marcha
O tramo de Aranga, en marcha

Xa chegaron ao control stop os primeiros pilotos. Á espera dos tempos oficiais para coñecer como marcha a pelexa entre Iago Caamaño e Víctor Senra.

Atraso na saída

Tan só o coche 0 tomou a saída. Uns dez minutos de atraso con respecto á hora fixada.

A punto
Así será a terceira pasada por Aranga

Lembrámosvos como é o tramo de Aranga polo que os pilotos farán a terceira e última pasada en breves minutos.

Así foi o último tramo por Culleredo
O coche de Víctor Senra preparado

A avaría que sufriu na panca de cambios do seu Skoda Fabia na segunda pasada entre Culleredo e Arteixo. Tras o reagrupamiento, Víctor Pérez, xefe do seu equipo confírmanolo:

Terceiras pasadas
Aranga agárdalles

Ás 18.01 está previsto que arrinque a terceira sección deste Rali da Coruña, coa terceira pasada de Aranga. Pouco máis de 11 quilómetros por diante para gozar da velocidade de Iago Caamaño e veremos que ocorre con Víctor Senra e os seus problemas problemas coa caixa de cambios do seu Skoda Fabia. 

Supercampeonatos
R5 e N5

E tras o descanso actualizamos os Supercampeonatos. Así está o R5 Recalvi:

  1. Iago Caamaño
  2. Víctor Senra
  3. Alberto Meira

E o N5 tras a baixa de Antonio Fernández Valcarcel:

  1. Jorge Pérez Oliveira
  2. Celestino Iglesias
Clasificación
Así queda a xeral

Finaliza a segunda sección do Rali da Coruña. Caamaño arrebátalle o liderado a Senra e ponse a case 20 segundos. Alberto Meira é terceiro a 36. Reagrupamiento ata as 18.01, cando terá lugar a terceira e última pasada aos tres tramos.

Culleredo-Arteixo
¡leva o scratch Palacio!

¡Óscar Palacio mellora o tempo de Caamaño! O asturiano marcou un tempo de 4:51.328 e saca ao de Culleredo +0.713. ¡leva o scratch Palacio!

Culleredo-Arteixo
¡Tempo e liderado para Caamaño!

¡Scratch para Caamaño! O de Culleredo é o novo líder da xeral tras os problemas de Víctor Senra coa súa panca de cambios. 19.315 segundos perde o de Dumbría que cae á segunda praza. Alberto Meira, terceiro a +35.955

Problemas
Senra rompe a panca de cambios

Problemas para Víctor Senra. O R5 do piloto de Dumbría sofre unha rotura na panca de cambios. Veremos cantos segundos perde neste tramo e se pode arranxalo no reagrupamiento.

Ambiente
A xente reúnese en Boedo
Accidente
Novo choque en Cerceda

Accidente de Antonio Fernández Valcarcel e Alejandro López Fernández, que chocaron contra un piñeiro. O tramo de Cerceda, paralizado durante uns minutos, retómase con normalidade tras sacar coche e árbore da calzada. Segue a carreira

Cerceda
¡Novo scratch para Caamaño!

Mellor tempo para Iago Caamaño en Cerceda con 6:44.302. Meira e Senra, segundo e terceiro a +3.482 e +4.445. O de Culleredo recorta as distancias co de Dumbría na xeral e está a +4.354 do líder.

Clasificación
Así queda a xeral tras a neutralización de Aranga

Polémica decisión dos comisarios, que establecen os tempos dos que non puideron completar o tramo de Aranga coa referencia do último que si puido, Luis Vilariño a +17.205 de Iago Caamaño. Alberto Meira escala dúas posicións na táboa e supera a Óscar Palacio e Alberto Otero.

  1. Víctor Senra 26:50.665
  2. Iago Caamaño +8.799
  3. Alberto Meira +40.881
  4. Alberto Otero +42.815
  5. Óscar Palacio +45.725
Aranga
Aranga
Tramo suspendido

O tramo de Aranga queda neutralizado tras o accidente de Costa. O pelotón foi desviado por outro percorrido e uniranse aos que si puideron rematar no percorrido de Cerceda. A saída está prevista para as 14.24 pero pode atrasarse debido ao reagrupamiento. Tamén haberá que agardar para saber que pasa cos tempos dos participantes.

Accidente
Costa e Vilaça serán revisados no hospital

Ricardo Costa e Rui Vilaça foron trasladados ao hospital en ambulancia tras o accidente sufrido co seu R5. O portugués saíu dolorido do peito e a cabeza tras o choque e por precaución faranlles un recoñecemento no centro médico.

Protagonistas
Iago Caamaño
Incidencias
Carreira parada

Neutralizado o tramo de Aranga polo accidente de Ricardo Costa

Accidente
Envorco de Costa

Accidente de Ricardo Costa neste tramo de Aranga, que queda cortado tras o envorco do coche do portugués. Está a ambulancia na zona pero parece que tanta Costa como o copiloto Rui Vilaça están ben.

Aranga
¡Mellor tempo para Caamaño!

¡Scratch para Iago Caamaño! O coruñés fai o mellor tempo na segunda pasada ao tramo de Aranga, seguido de preto por Víctor Senra e Alberto Meira, a +4.588 e +6.475.

Segunda sección
Comezan as segundas pasadas

Todo a punto para que dea comezo a segunda sección. Os coches están listos para a segunda pasada ao primeiro tramo, o de Aranga. Lembramos: Senra lidera a clasificación, con Caamaño e Otero en segundo e terceiro posto.

Protagonistas
Fala o líder
Copas
Así van as Copas

Completada a primeira sección do Rali da Coruña, facemos resumo de como vai a clasificación das Copas.

-Pirelli Driver Top Ten A

  1. Víctor Senra
  2. Iago Caamaño
  3. Alberto Otero

-Pirelli Top Ten B:

  1. David Rivas
  2. José Manuel Pazos
  3. Daniel Álvarez

-Volante F.G.A.

  1. Jorge Garnelo
  2. Diego González
  3. Alejandro Castro

-Pirelli AMF MS

  1. Sergio Otero
  2. José Ramón Domínguez
  3. Óscar Galego
Protagonistas
Alberto Meira
Protagonistas
José Manuel Lista
Galería
O Rali da Coruña en fotos
Carreira
Pequenos incidentes

Xa van dez abandonos.

Vídeo
Tramo de Cerceda

Por se vos perdestes o directo do tramo de Cerceda, aquí deixámosvos o vídeo do mesmo:

Clasificación
Supercampeonatos

Repasamos a clasificación de R5  Recalvi:

  1. Víctor Senra
  2. Iago Caamaño
  3. Alberto Otero

E de N5 RMC:

  1. Antonio Fernández
  2. Jorge Pérez
  3. Celestino Iglesias
Tempos
Clasificación xeral
Culleredo-Arteixo
¡Tres de tres para Senra!

¡Terceiro scratch da mañá para Víctor Senra! O piloto de Dumbría lidera a clasificación do rali da Coruña tras a disputa da primeira pasada dos tres tramos do circuíto. Ricardo Costa e Óscar Palacio, segundo e terceiro no tramo de Culleredo-Arteixo.

Clasificación
Cambios no Supercampeonato de N5

Os coches xa se dirixen cara á saída do terceiro tramo, que discorrerá por Culleredo e Arteixo e polo momento o Supercampeonato de R5 Recalvi segue igual: 

  1. Víctor Senra
  2. Iago Caamaño
  3. Alberto Otero

Cambios no N5, Celestino Iglesias escala unha posición:

  1. Antonio Fernández
  2. Celestino Iglesias
  3. Jorge Pérez

Cando remate a primeira pasada por todos os tramos faremos un resumo de como van as copas.

Clasificación
Así vai a xeral: Senra e Caamaño desmárcanse
  1. Víctor Senra 14:17.927
  2. Iago Caamaño +7.544
  3. Alberto Otero +25.268
  4. Óscar Palacio +29.476
  5. Alberto Meira +34.520
Cerceda
Tempos da primeira pasada por Cerceda
Cerceda
¡Scratch para Senra en Cerceda!

¡Novo scratch para Víctor Senra que se fai tamén co tramo de Cerceda!

Aranga
Susto para Jacobo Segade

Primeiro susto do día. Jacobo Segade e Adrián Muñiz saíronse de pista e chocaron contra un poste da luz. Ambos están ben por sorte.

Aranga
¡Por pouco!
Aranga
Supercampeonatos

Así van os supercampeonatos tras a primeira pasada ao tramo de Aranga. O R5 Recalvi:

  1. Víctor Senra
  2. Iago Caamaño
  3. Alberto Otero

E no N5 RMC:

  1. Antonio Fernández
  2. Jorge Pérez
  3. Celestino Iglesias
Aranga
Primeiro abandono

Primeiro abandono da carreira. Perfecto Calviño non poderá disputar a proba por unha avaría no embrague do seu R5.

«Sucio e complicado». Así definen a maioría dos pilotos o primeiro tramo de Aranga.

Aranga
¡Primeiro tramo para Senra!

¡Scratch para Senra na primeira pasada a Aranga! O de Dumbría marcou un tempo de 7:37.208. O coruñés Iago Caamaño, segundo a +1.601 e Alberto Otero a +14.580. Mal inicio de Alberto Meira, que se descolga e ponse a +22.640 de Senra.

Primeiro tramo
¡Arrinca o Rali da Coruña!

¡Empeza o Campionato Galego! ¡Empeza o rali da Coruña! Son as 8.51 e sae o primeiro dos coches en Aranga. ¡Nuns minutos teremos o primeiro scratch do día!

Protagonistas
Vídeo en María Pita

Mentres, deixámosvos o vídeo en vivo da presentación de onte na praza de María Pita.

 

Previa
¡Todo a punto na Coruña!

¡Bos e chuviosos días amantes do motor! En apenas media hora dará comezo o Rali da Coruña, a primeira proba do Campionato Galego, e a borrasca Jorge fará que sexa necesario sacar o paraugas. Nestes momentos os coches diríxense ao momento de saída do primeiro tramo, Aranga. Estade atentos porque, en breve, ¡empezamos!

Conta atrás
Os bólidos xa están en Vío agardando o gran día

Fin á cerimonia de saída. María Pita vestiuse de gala e os equipos desexáronse sorte para mañá. Lembrade que ás 8.51 horas arrinca a primeira pasada polo primeiro tramo: Aranga Recalvi (outras pasadas ás 13.11h e 18.01h). Despois, agardan Cerceda Despeces a Coruña (10.04h, 14.24h e 19.14h) e Culleredo-Arteixo Galuresa (con pasadas ás 10.55h, 15.15h e 19.55h).

Presentación
Os pilotos ponse en marcha
Protagonistas
Paula Penabad, ilusionada coa súa participación no rali
Galería
Primeiras imaxes dos vehículos en María Pita
Quentan os motores
Así é a organización do Rali da Coruña
Itinerario
Tramo Culleredo-Arteixo

Cada bucle pecharase co tramo de Culleredo-Arteixo. Un ano máis, a rotonda de Boedo protagonizará os momentos máis intensos do rali.

 Tras os tramos, a praza de María Pita espera aos equipos ao redor das nove da noite para celebrar a entrega de premios e o podio final sobre as dez menos cuarto da noite.

 

Itinerario
Cerceda e As Encrobas

Tras o primeiro paso por Aranga, os equipos terán que enfrontarse ao tramo de Cerceda, bordeando o lago das Encrobas.

 

Itinerario
Onboard do tramo de Aranga

Aranga será o primeiro destino. Desde alí partirá o primeiro tramo cronometrado, cuxa primeira pasada se celebrará ás 8.51 horas. Punto xa icónico do rali coruñés é Ponche Aranga e a propia casa consistorial.

 

Previa
O Campionato Galego quenta motores

O Rali da Coruña dá o pistoletazo de saída á tempada 2020 do Campionato Galego. Este venres ten lugar a presentación oficial no parque pechado de María Pita.

Durante toda a xornada a chaira do Palacio dos Deportes de Riazor acolle as verificacións técnicas e administrativas. E despois da burocracia, a caravana de bólidos desprázase ata a praza de María Pita, na que se inaugurará oficialmente a tempada 2020 nos ralis galegos.

Posteriormente e a medida que se vaian presentando os equipos, o elenco de participantes volverá percorrer as rúas da Coruña ata polígono de Vío, onde permanecerán as máquinas á espera da gran xornada deste sábado.

Previa
Estes son os favoritos dos pilotos

Iago Caamaño é un dos favoritos na pugna polo campionato galego. Ten claro que o seu punto preferido é a baixada cara a Ponche Aranga. «O ano pasado subías e curvabas cara á dereita, pero este ano hai unha variante e vés dunha pista. Esa baixada ata a ponte é brutal. Vas a fondo entre as casas en quinta cortando. Iso é só para algúns valentes. Eu vou intentalo», relata.

Un dos pilotos que máis ejemplifica este plus emocional é José Lista. «Eu tiro para casa, que vos meus avós naceron en Loureda e eu non centro de Arteixo», resume antes de sinalar a glorieta de Boedo como o seu punto preferido da carreira.

Santi García prefire o final do tramo de Aranga, «unha subida rápida e rota, moi técnica e bastante sucia, polo que haberá que ir con coidado de non picar». «Gústanme vos tramos deste ano, e se chove será máis impredicible, pero ó menos dependerá máis do piloto... nunca se sabe», analiza. 


Previa
Así serán os tramos

Este ano o rali coruñés estreará formato, acorde coa nova regulamentación da Federación Galega de Automobilismo: tres tramos a tres pasadas. A escuadra organizadora, One Seven Racing (con Álvaro Muñiz á cabeza), dá forma deste xeito a unha vella proposta súa para facer máis atractivo un dos ralis máis queridos do calendario autonómico.