Alberto Meira, vencedor do Rali de San Froilán

I.MEITÍN BUJÁN / Á. SEVILLA

MOTOR GALEGO

O piloto do Recalvi Team aproveitou o abandono de Iago Caamaño para coroarse en terras lucenses. Adrián Díaz finalizou segundo e Alberto Otero pechou o podio en terceira posición.

26 oct 2019 . Actualizado ás 21:39 h.
Punto e final
Así queda a clasificación xeral

Con esta imaxe de clasificación xeral pechamos este directo do Rali de San Froilán. ¡Grazas por seguirnos! 

Final
Alberto Meira, campión do Rali de San Froilán

Alberto Meira converteuse no campión da cuadraxésima primeira edición do Rali San Froilán. O piloto do Recalvi Team brillou durante toda a xornada para asinar unha actuación perfecta. O abandono de Iago Caamaño despois da primeira pasada polo tramo vespertino de Pol permitiulle economizar esforzos e gozar sen presión dun triunfo logrado a pulso. 

Meira aperta así a pelexa pola segunda posición do Campionato Galego de Ralis, cuxo campión xa é Víctor Senra. O piloto local Adrián Pérez aproveitou que Meira baixou o pé do acelerador para levar as dúas últimas especiais. A última manga en Pol rematou coa vitoria de Pérez, seguido de Meira, Dourado, Otero e Sandamil.

Sen freos
Adrián Díaz leva a segunda pasada por Meira

O piloto local Adrián Díaz segue escalando posicións na clasificación xeral despois de imporse na segunda pasada polo tramo de Meira. O lucense hase aproveitado de que Iago Caamaño, que non quere arriscar o título de hoxe nesta recta final, baixou o pé do acelerador e finalizou esta manga segundo. Alberto Otero quedou en terceira posición, mentres que Francisco Dourado acabou cuarto. Manuel Sandamil pechou como quinto. 

Tras o abandono de Caamaño, a clasificación xeral queda do seguinte xeito: 

1. Alberto Meira - 47:21.986

2. Adrián Díaz - 49:10.043

3. Alberto Otero - 49:19.841

4. Francisco Dourado - 49:52.307

5. Manuel Sandamil - 50:44.436

ALBERTO LOPEZ

 

Desde dentro
No Nissan Micra de Adrián Pérez

Espectacular peza dun dos tramos deste Rali de San Froilán desde o coche do local Adrián Pérez. 

Abandono
Iago Caamaño abandona o rali

O ata agora segundo clasificado de Campionato Galego de Ralis, Iago Caamaño, abandonou o Rali de San Froilán. O piloto do Lalín Deza sufriu problemas mecánicos no tramo de Pol que lle impediron completar a súa actuación en Lugo.  

 

Volta ao rodo
A piques de comezar os últimos dous tramos

Con Alberto Meira rozando a vitoria en Lugo, os pilotos regresarán á competición ás 20:12, cando arrincará a segunda pasada ao tramo de Meira. ¡Atentos! ¡Aínda queda moito Rali de San Froilán!

ALBERTO LÓPEZ
Choque
Así quedou o coche de Javier Vázquez tras o accidente

Así rematou o coche de Javier Vázquez e Juan Gándara tras o accidente sufrido mentres circulaban polo tramo de Pol. Segundo persoas que se atopaban no lugar, o vehículo saíuse da estrada e chocou contra unha árbore. As mesmas fontes afirmaron que o copiloto levou a peor parte, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Accidente
Neutralizado o tramo de Pol

Un accidente no tramo de Pol, na zona de Pacios, obrigou á organización do Rali de San Froilán a neutralizalo. Os pilotos regresarán á competición ás 20:12 horas, cando comezará a segunda pasada ao traxecto de Meira.

Recapitulamos
Así queda a xeral despois das dúas primeiras pasadas da tarde

Alberto Meira ten a tiro o título do Rali de San Froilán despois da dúas primeiras pasadas da tarde. O piloto do Recalvi Team colócase a máis dun minuto do seu principal perseguidor, Iago Caamaño, que sufriu un tropezóns no tramo de Pol, onde perdeu máis de 50 segundos. 

A clasificación xeral, a falta de dúas novas pasadas, queda así: 

1. Alberto Meira (Citroën DS3 R5) 39:20.300

2. Iago Caamaño (Ford Festa R5) 40:30.469

3. Alberto Otero (Ford Festa N5) 41:07.246

4. Adrián Pérez (Nissan Micra N5) 41:18.412

5. Francisco Dourado (Peugeot 208 R5) 41:25.737

ALBERTO LÓPEZ
En meta
Alberto Meira rompe a baralla no tramo de Pol

Só un desastre podería evitar que Alberto Meira remate como campéon no Rali de San Froilán despois de abrir fenda na primeira pasada polo tramo de Pol. O piloto do Recalvi Team aproveitou o tropezóns de Iago Caamaño para meterlle máis dun minuto de distancia. 

Nesta sexta manga, o segundo clasificado foi Francisco Dourado, seguido de Adrián Díaz, terceiro. Alberto Otero finalizou en cuarta posición, mentres que Manuel Sandamil foi quinto. Caamaño acabou noveno despois de asinar un tempo de 8:39.984

ALBERTO LÓPEZ
Clasificación
Así queda a xeral despois da primeira pasada por Meira

Mentres seguen chegando pilotos a meta, actualizamos a clasificación xeral tras a primeira pasada polo tramo de Meira. O local Adrián Díaz perdeu o terceiro posto da táboa en detrimento de Alberto Otero.

1. Alberto Meira Fernández (CITROËN DS3 R5) 31:36.815

2. Iago Caamaño Figueira (FORD FESTA R5 ) 31:50.521

3. Alberto Otero Quintela (FORD FESTA N5) 33:02.687

4. Adrián Díaz Pérez (NISSAN MICRA N5) 33:20.044

5 . Francisco Dourado Biscaíño (PEUGEOT 208 R5) 33:31.197

En meta
Meira abre fenda con Caamaño na primeira pasada da tarde

Alberto Meira comezou a xornada vespertina do Rali de San Froilán con ganas de comerse o mundo. O actual líder da proba aumentou a distancia que tiña co segundo clasificado da xeral, Iago Caamaño, ata os 13 segundos na primeira pasada por Meira. O piloto do Lalín Deza Alberto Otero ocupou a terceira posición neste quinto traxecto. Seguido en cuarto lugar por Manuel Sandamil e Celestino Iglesias , que finalizou quinto. 

Roxen os motores
Primeira pasada polo tramo de Meira

Retomamos o espectáculo do Rali San Frolián, con Alberto Meira, Iago Caamaño, Adrián Díaz, Alberto Otero e Francisco Dourado como os cinco mellores clasificados ata o momento. Lembren que este quinto tramo discorre por Meira e é de 10,7 quilómetros. ¡Imos! ¡Xa roxen os motores!

 

ALBERTO LÓPEZ
Conta atrás
Todos os ollos, sobre Alberto Meira

Quedan menos de 30 minutos para que, ás 17.15 horas, arranque a xornada vespertina do Rali San Froilán. Comanda a clasificación xeral Alberto Meira, aínda que ten a só cinco segundos ao seu gran rival polo título lucense, Iago Caamaño. En terceira posición atópase o local Adrián Díaz, a case un minuto.

Os vehículos diríxense ao tramo de Meira, onde deberán completar un percorrido próximo aos 11 quilómetros. A segunda pasada por leste mesmo traxecto será ás 20:12.

ALBERTO LÓPEZ
Intermedio
Alberto Meira afrontará a xornada de tarde no liderado

O Rali San Froilán chega ao seu ecuador. E faino con Alberto Meira no cume da clasificación despois de gañar en tres dos catro tramos disputados na sesión matinal. A só cinco segundos está o outro gran favorito para lograr a vitoria, Iago Caamaño, e no terceiro chanzo, a case un minuto da cabeza, atópase o piloto local Adrián Díaz. Non te perdas o desenlace a partir das 17.15 horas!!

En meta
Outro man a man entre Meira e Caamaño, con vitoria do primeiro

A xornada matinal do Rali San Froilán rematou como empezou, cun duro entre Alberto Meira e Alberto Caamaño, que se repartiron as vitorias nos catro primeiros tramos. No último foi Meira quen se fixo co triunfo despois de completar os 10,4 quilómetros do percorrido nun tempo de 5:22.951. Caamaño empregou seis décimas máis e o terceiro mellor crono marcouno Adrián Díaz

En directo
En marcha o último tramo da mañá, en Friol

En meta
Primeiro "scratch" de Iago Caamaño

A clasificación xeral apértase. Iago Caamaño logrou a primeira vitoria parcial da tempada no regreso a Outeiro de Rei. Asinou un tempo de 6:36:412 superando nunha décima a Alberto Meira, que segue a cargo de a clasificación xeral, que queda queda do seguinte xeito:

1.ALBERTO MEIRA (CITROËN DS3 R5)...18:40.876

2.IAGO CAAMAÑO (FORD FESTA R5)....a 4.474 segundos

3. ADRIÁN DÍAZ  (NISSAN MICRA N5)....a 48.195

4. ALBERTO OTERO (FORD FESTA N5)....a 54.975

5. FRANCISCO DOURADO (PEUGEOT 208 R5)... a 56.273

A punto
Segunda pasada por Outeiro de Rei

En pouco menos de 20 minutos renovarase a competición coa segunda pasada por Outeiro de Rei na que será a terceira manga desta sesión matinal. Un tramo no que Alberto Meira se impuxo por menos dun segundo a Iago Caamaño no inicio do rali. O desquite está servida

Máis imaxes
Alberto Meira voou en Outeiro de Rei e Friol
ALBERTO LÓPEZ
Expectación
Bo ambiente desde primeira hora

Aos bos afeccionados non lles importou madrugar para seguir a competición desde primeira hora da mañá. Esta imaxe é parte do numeroso público concentrado no tramo de Outeiro de Rei

ALBERTO LÓPEZ
Espectáculo
Máis imaxes dos primeiros tramos
Parón
Recapitulamos

Alberto Meira lidera de xeito provisional o 41.º Rali San Froilán unha vez disputados dúas dos oito tramos cronometrados establecidos para decidir ao sucesor de Víctor Senra no cadro de honra. Meira foi o máis rápido nesas dúas mangas e goza dunha vantaxe de cinco segundos sobre Iago Caamaño, que actualmente ocupa o segundo posto no camponato autonómico, e de algo máis de medio minutos sobre Adrián Díaz, o piloto da Escuadra Miño que quere ser profeta na súa terra de novo.

Primeiro descanso
Ás 12:06 renóvase a competición

A competición interrómpese ata as 12:06 con Alberto Meira a cargo de a clasificación xeral, seguido polos outros dous grandes candidatos á vitoria, Iago Caamaño e Adrián Díaz. No terceiro tramo da sesión matinal os pilotos volverán rodar por Outeiro de Rei

Contratempo
Primeiros abandonos
En meta
Novo "scratch" para Alberto Meira

O piloto de Gondomar volveu voar e a asinar o mellor crono no segundo tramo, de 10,4 quilómetros e que levou aos pilotos ata Friol. Como na primeira manga, por detrás acabaron Iago Caamaño e Adrián Díaz, aínda que máis distanciados que en Outeiro de Rei. Así queda á clasificación xeral

1. ALBERTO MEIRA (CITROËN DS3 R5)....12:03.947

2. IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA (FORD FESTA R5)....a 5.271 segundos

3. ADRIÁN DÍAZ PÉREZ (NISSAN MICRA N5)... a 32.319

4. ALBERTO OTERO QUINTELA (FORD FESTA).... a 38.711

5. LUIS VILARIÑO GARCIA (CITROËN DS3 R5)....a 43.704

En directo
Así se viviu o primeiro tramo

Segundo tramo
Primeira pasada por Friol

Xa está en marcha a segunda manga, en Friol. Alberto Meira defende o primeiro posto nun trazado de 10,4 quilómetros

Clasificación
Así están as cousas

Mentres seguen chegando pilotos a meta, actualizamos o top-5 da clasificación xeral tras a disputa do primeiro tramo.

1.ALBERTO MEIRA FERNANDEZ (CITROËN DS3 R5)....6:38.09

2.IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA (FORD FESTA) R5....6:38.488

3.ADRIÁN DÍAZ PÉREZ (NISSAN MICRA N5)....7:00.610

4.ALBERTO OTERO QUINTELA (FORD FESTA N5)....7.05.228

5. LUIS VILARIÑO GARCIA (CITROËN DS3 R5)....7:06.051

En meta
Alberto Meira, o máis rápido no primeiro tramo

Os favoritos empezan forte. Alberto Meira marcou o mellor tempo na primeira pasada polo tramo de Outeiro de Rei. Completou os 12,2 quilómetros do percorrido en 06:38.092, e toma a cabeza na clasificación xeral cunha ligerísima vantaxe sobre Iago Caamaño (6:38.488). A terceira praza foi para o lucense Adrián Díaz (7:00.610).

08:48
Isto vai empezar. Abróchense os cintos...

En poucos minutos comeza o espectáculo, con Iago Caamaño, Alberto Meira e o piloto local Adrián Díaz como os principais favoritos. Rercuerden que este primeiro tramo discorre por Outeiro de Rei e é de 12,2 quilómetros

Conta atrás
Xa roxen os motores en Outeiro de Rei

Bos días desde Lugo!! Xa soan os motores no polígono de Outeiro de Rei e iso indica que está a piques de comezar a cuadraxésima primeira edición do Rali San Froilán. Nun cuarto de hora aproximadamente os coches comezarán a rodar polo primeiro dos oito tramos cronometrados dos que consta a proba. Para combater a espera, deixámosvos unha información sobre a seguridade no rali

Penúltima proba da tempada

O Rali de San Froilán é un dos clásicos do motor galego. A cita desta fin de semana percorrerá 379 quilómetros dos cales 91 corresponden a oito tramos cronometrados, divididos en dúas etapas e cinco secciones. Os 160 vehículos inscritos darán espectáculo na penúltima proba do campionato galego.