En directo:España, eliminada nos cuartos de final de hockey

La Voz

DEPORTES

BERNADETT SZABO

As rede stickscaeron nos shoot out ante a campioa olímpica, Gran Bretaña

02 ago 2021 . Actualizado ás 19:18 h.
Hockey
As rede sticks, eliminadas en cuartos polas campioas olímpicas

A selección feminina errou os catro primeiros shoot out e Gran Bretaña anotou dous.

España queda fóra da loita polas medallas.

Hockey
Final. Ímonos aos penaltis

Empate a dous goles tras 70 minutos de xogo.

España 2-2 Gran Bretaña

Hockey
Gol de Berta

Empata España, a nove minutos do final.

España 2-2 Gran Bretaña

Hockey
Últimos dez minutos

España, obrigada a remontar ante Gran Bretañá. Segue o 1-2 e o tempo acábase

Fútbol
Suecia-Canadá, final olímpica feminina

Suecia derrotou a Australia por 1-0 e xogará a final olímpica feminina de fútbol, onde lle agardaba Canadá.

Na loita polo bronce, Australia enfrontarase a Estados Unidos.

Hockey
Perdoa España

Penalti córner para España.

Mala recepción e Lola Riera non pode golpear.

Segue o 1-2, Terceiro cuarto

Atletismo
Países Baixos leva o ouro en 5.000 metros feminino

Sifan Hassan conseguiu o primeiro dos tres ouros que vai intentar. Gañou a final dos 5.000 e aínda correra os 1.500 e os 10.000.

Hockey
Gol de Gran Bretaña

España estaba a xogar en inferioridade por un cartón verde e Gran Bretaña aproveitouno para forzar un penalti córner.

Transformación pola escuadra
Estamos no terceiro cuarto xa: España 1-2 Gran Bretaña

Natación artística
España comeza novena en dúos

España finalizou o noveno posto na rutina libre de dúos en natación artística. Rusia, China e Ucraína encabezan a clasificación.  Iris Tió e Alisa Ozhogina son as representantes nacionais.

Mañá, ás doce e media, celébrase a rutina técnica, que é o outro 50 por cento da nota clasificatoria para a final.

Atletismo
Soufiane O Bakkali, ouro no 3.000 obstáculos

Gran última volta do marroquí, que se impuxo na proba, disputada sobre mollado.

Hockey
Gol de España

Empata a selección tras un penalti córner. A dez minutos do final do segundo cuarto. O tanto foi de Belén Iglesias .

España 1-1 Gran Bretaña

Hockey
Gol de Gran Bretaña

Erro defensivo de España e adiántase Gran Bretaña no arrnque da segunda metade.

España 0-1 Gran Bretaña

Hockey
Final do primeiro período

España e Gran Bretaña empatan sen goles tras os primeiros quince minutos. En xogo, as semifinais olímpicas.

A ocasión máis clara foi un penalti córner marrado polas británicas.

14.05
O surafricano Wayde van Niekerk non poderá revalidar o seu ouro

O surafricano Wayde van Niekerk, eliminado da súa semifinal na proba de 400 metros ao quedar quinto e queda sen a posibilidade de defender o seu ouro de Río.

DYLAN MARTINEZ
14.00
As Redstick mídense a Gran Bretaña

En breves instantes dará comezo o partido de cuartos de final de hockey herba feminino entre España e Gran Bretaña.

13.50
Natación artística

O Comité Olímpico ruso, Xapón e Canadá encabezan a clasificación da rolda preliminar de estilo libre de natación artística, na que o dúo español é sexto coa súa proposta flamenca.

13.40
LaVine advirte do potencial da selección masculina española de baloncesto

O escolta da selección estadounidense de baloncesto Zach LaVine advirte de que o equipo español, ao que se enfrontarán mañá en cuartos , é «un equipo top» e destacou que os seus xogadores «levan xuntos moito tempo». «España é un equipo top, levan xuntos moito tempo. Se o facemos ben, concentrámonos en nós e facemos o correcto, conseguirémolo», opinou o exterior dos Chicago Bulls.

13.30
Ana Peleteiro, nova moza Almodóvar?

Hai unhas horas a produtora do director, O desexo, felicitouna a través das redes de parte do equipo de Nais Paralelas, a película que está a rodar. No post, rechouchiado pola produtora, podíase ver: «Felicidades campioa» acompañado dun vídeo de Ana nun set de rodaxe ás ordes, parece, de Almodóvar.

13.20
En directo a rolda de prensa previa ao partido dos Hispanos

O adestrador da selección española de balonmán masculino  Jordi Ribeira e o xogador Raúl Entrerríos analizan o encontro que disputarán mañá ante Suecia.

13.10
Atletismo, 200 metros

Sorpresas nas semifinais femininas dos 200 metros. Shelly Ann Fraser-Pryce imponse con solvencia na primeira e accede á final xunto a Beatrice Masilingi. Jenn Prandini e Dafne Schippers, eliminadas.

Pola súa banda, Elaine Thompson gaña a segunda proba cun tempo de 21.66 segundos, co que iguala a mellor marca da súa carreira. A segunda praza é para Christine Mbomba, que bateu a marca mundial sub-20.

13.00
A rutina libre de natación artística

O dúo español de natación artística, integrado por Iris Tió e Alisa Ozhogina, colócase terceiro na preliminar cunha puntuación de 88.3000 tras a súa rutina libre. Cegaron cunha coreografía moi flamenca ao son da música de Plácido Domingo, xa utilizada no seu día por Ona Carbonell.

España é superada por Canadá (91.2333) e Austria (90.5000).

STEFAN WERMUTH
12.40
O tiro con arco, de regreso a España

Tras a participación nos Xogos Olímpicos, a Federación Española de Tiro con Arco despide a competición cunha recompilación das fotografías de Dani Castro e Inés de Velasco, xa de regreso en España.

12.30
China , Alemaña e Rusia inauguran o medalleiro do ciclismo en pista

China , Alemaña e Rusia inauguraron o medalleiro do ciclismo en pista na proba de velocidade por equipos femininos

O equipo chinés impúxose na carreira polo ouro cun tempo de 31.895, por 31.980 de Alemaña. Na loita polo bronce as rusas, con 33.252, derrotaron a Holanda, con 32.504.

12.22
Herrera e Gavira din adeus a Tokio

A parella española de voley praia masculino, Herrera e Gavira, din adeus a Tokio ao caer en oitavos ante os campións do mundo, os rusos Krasilnikov/Stoyanovskiy, en dous sets (22-20, 21-17).

12.20
Canadá remata coa hexemonía de USA no fútbol feminino

A seleccióon feminina de fútbol canadiese dá a sorpresa ao vencer a Estados Unidos en semifinais e confirma a súa candidatura ao ouro olímpico. Canadá vence 1-0 a USA e espera na final á vencedora do duelo entre Australia ou Suecia. Remata así coa hexemonía estadounidense nos Xogos Olímpicos.

12.15
Convivencia entre os deportistas

Entre proba e proba hai tempo para o esparexemento en Tokio. O piragüista Carlos Arévalo, integrante do K4 500 xunto a Saúl Cravioto, Rodrigo Germade e Marcus Cooper, busca convencer un xigante do baloncesto nacional, Pau Gasol, de que cambie de deporte.

12.00
Así vai o medallaro olímpico

China lidera o medalleiro con 28 ouros e 58 medallas en total, superando a Estados Unidos que, aínda que suma 61 perseas no cómputo global, de ouro son 21. España é vigesimo quinta cos seus sete metais.

11.46
Scariolo e Gasol analizan o partido contra EEUU

O seleccionador de España Scariolo e Pau Gasol analizan o trascendetal partido que disputarán mañá ante Estados Unidos (6.40 horas). «É unha oportunidade especial de facer algo único. Centrémonos en facer algo histórico», defende Gasol.

11.30
A xornada de balonmán

Hungría non falla ante Suecia e deixa ás Guerras fóra de Tokio. A selección española non puido co arsenal ofensivo ruso e necesitaba un favor do combinado sueco, xa clasificado para cuartos.

11.20
O COI estuda o xesto de Raven Saunders

O Comité Olímpico Internacional estuda o xesto do estadounidense Raven Saunders no podio de peso, medallista de prata, que cruzou os brazos sobre a súa cabeza en forma de X para indicar «a intersección na que se atopan todos os que están oprimidos».

HANNAH MCKAY
11.10
O ánimo do COE ás Guerreiras

Tras unha competición de altibaixos, as Guerreiras din adeus ao seu paso por Tokio. O Comité Olímpico Español manda unha mensaxe de ánimo á selección.

11.05
Salto de trampolín

Nico García Boissier e Alberto Arévalo remataron a súa participación no preliminar de salto de trampolín 19 e 26, fóra das semifinais.

11.00
Orlando Ortega, lesionado

Unha inoportuna lesión durante un adestramento no Xapón aparta a Orlando Ortega dos Xogos. Non competirá nos 110 metros valas.

10.57
A última final de Biles en Tokio

Tras renunciar a catro finais, esta será a última posibilidade de colgarse unha medalla para Simone Biles.

10.45
As Guerras, fóra de Tokio

A vitoria de Hungría de Hungría deixa ás Guerreiras fóra de cuartos de final. Remata a competición da selección feminina de balonmán.

10.30
Biles, inscrita para a final de barra de equilibrio

A ximnasta estadounidense Simone Biles está na lista de saída da final da viga de equilibrio que se disputará mañá. É o único ouro que se lle escapou nos Xogos de Río.

10.25
Suecia trata de recortar distancia

A selección sueca trata de recortar distancia no transcendental encontro que disputa ante Hungría, para España. A distancia é agora de tres goles (23-20). Para as Guerreiras é necesario que Suecia se impoña ou se remataría aquí a súa traxectoria en Tokio.

10.20
Semifinal de fútbol feminino Estados Unidos - Canadá

Avanzan as competicións colectivas de Tokio e está en xogo a primeira semifinal feminina de fútbol que enfronta ás seleccións dos Estados Unidos e Canadá.

USA busca a final no torneo tras sufrir fronte a Holanda en cuartos. Canadá pasou na quenda de penaltis ante Brasil.

MIKE SEGAR
10.10
Aperta Hungría

Malas noticias para os intereses das Guerreiras. Aperta Hungría que volve adiantarse no marcador a Suecia (21-16). 

SIPHIWE SIBEKO
9.55
Empate entre Hungría e Suecia

O futuro da selección feminina de balonmán pende dun fío. Ao descanso, os combinados de Hungría e Suecia empatan a 15 goles. É vital para as Guerreiras que as suecas culminen a súa remontada.

9.47
Salto de trampolín

Boas noticias desde a proba de salto de trampolín de 3 metros. Os españois Alberto Arévalo e Nico García Boissier están a realizar bos saltos. Tras tres dos seis saltos, son 10 e 15 respectivamente, o que lles daría o pase a semifinais a ambos os xa que avanzan os 18 primeiros.

MARKO DJURICA
9.40
«Aínda queda Lydia Valentín para longo»

Retírase de Tokio, pero non renuncia a París. «Aínda queda Lydia Valentín para longo», asegurou a levantadora de peso española tras retirarse sen esgotar os seus intentos na categoría de -87 kg polas molestias na cadeira.

O abrazo do presidente do Comité Olímpico Español Alejandro Blanco  a Lydia Valentín.

9.35
A selección de waterpolo, invicta a cuartos

A selección española de waterpolo masculino gana a Croacia por 8-4, o quinto partido da súa traxectoria en Tokio. Continúa así invicta nos Xogos Olímpicos.

O seu próximo rival será os Estados Unidos.

9.30
Comeza impóndose Hungría

Malas noticias desde o estadio nacional de Yoyog, comeza o partido entre Hungría e Suecia coa selección húngara adiantándose no marcador (7-4). Debe gañar Suecia para que as españolas poidan avanzar a cuartos de final. 

9.15
Horarios de vela

Xa hai horarios oficiais para a xornada de mañá. Os 470 M & F navegarán os seus dúas últimas mangas antes da regata final.

As medal race comezarán co 49er FX, que saltará á auga ás 5.30 horas, seguido do 49er, ás 6:30 horas. Posteriormente tocaralle a quenda aos Finn, que comezarán a súa última regata ás 7:30 horas. E rematará a gran xornada da vela coa saída dos Nacra 17, a partir das 8.30 horas.

9.00
A parella española de voley praia despídese de Tokio

Con moita emoción e bágoas a parella española de voley praia integrada por Liliana Fernández e Elsa Baquerizo despídense de Tokio sen clasificarse para cuartos ao caer derrotadas ante Canadá por 21-13 e 21-13.

8.50
En poucos minutos arrinca o Hungría - Suecia

Ás 09:15 arrinca o partido trascendetal para España no que se enfrontan Hungría e Suecia. Se gañan as húngaras, arrebatan a cuarta posición do grupo a España. A vitoria sueca dá o billete para a seguinte rolda ás Guerreiras.

8.40
Toca agardar ao que faga Hungría

Tras a derrota contra ROC, toca agardar ao que faga Hungría. Debe perder ante Suecia para que as Guerreiras poidan avanzar a cuartos de final.

O arsenal ofensivo de ROC foi imposible de parar pola selección española.

8.37
Moi complicado para España

Quedan dous minutos de xogo e España perde contra ROC 29-34. Está complicado para as Guerreiras. Se Hungría non vence a Suecia, avanzaría España de fase.

8.20
Crece a desvantaxe no encontro de balonmán

Aínda que chegaron a remontar, o combinado ruso non deu tregua e as Guerreiras perden 26-30 a falta de dez minutos para o final.

7.49
As Guerreiras, ao descando perdendo pola mínima

Remata a primeira metade no encontro de balonmán feminino entre ROC e España no que perde a selección española pola mínima (17-18). Chegaron a estar con seis goles de desvantaxe as Guerreiras que souberon reaccionar con carácter para deixar todo aberto na segunda parte.

7.45
A xornada do martes

Mañá martes será unha xornada intensa para a vela na que coincidirán As Medal Race de de 49er, 49er FX (aprazadas de hoxe) Nacra 17 e Finn. 

7.40
Suspendida a medal race

A falta de vento obrigou á organización a suspender a medal race que debían disputar hoxe os regatistas galegos Támara Echegoyen e Iago López Marra. As dúas posibles medallas terán que agardar.

Finalmente levará a cabo mañá á espera de que haxa mellores condicións para a navegación.

7.25
España xógalla ante ROC

A selección feminina de balonmán xógalla ante ROC, no último partido da fase preliminar de grupos. Necesita unha vitoria ante o combinado ruso. O encontro non puido comezar con máis igualdade.

Mentres durmías
Vea

O 49erFX non empezará ás 7.30, hora española prevista, ao non haber vento. Aprazada a proba sen hora determinada. 

Mentres durmías
Atletismo

Javier Cienfuegos logra unha histórica clasificación para a final de martelo. É o primeiro español que se clasifica para esta modalidade. O plusmarquista nacional superouse na súa participación. Empezou cun tiro de 72,76, continuou con 75,56 e pechou con 76,91.

Mentres durmías
Halterofilia

Malisímas noticias desde a competición de halterofilia. A cuarta medalla olímpica de Lidya Valentín era máis que complicada, pero a ponferradina opta por non realizar as súas dous últimos intentos en dous tempos e retírase por molestias.

Finaliza segunda do grupo B con 225 kg en total e quedará moi lonxe das medallas. 

Mentres durmías
Atletismo

Diploma olímpico para Eusebio Cáceres! 

Non puido ser. Rozou o bronce na final de salto de lonxitude, quedándose a tan só tres centímetros da medalla. 

Mentres durmías
Piragüismo

Os piragüistas españois Teresa Portela, en K1 200, e Cayetano García e Pablo Martínez, en C2 1.000 metros, entraron en acción, e de que xeito! Realizaron senllas series prometedoras para acceder de xeito directo a semifinais.

Bos días! Amence en España o décimo día de competición nos Xogos Olímpicos de Tokio, a última semana xa do certame deportivo, con excelentes noticias. A puragüista galega Teresa Portela clasificouse de forma directa para as semifinais de K1 200. Pola súa banda, Eusebio Cáceres roza a medallana final de salto de lonxitude.