Esta é o xeito máis sinxelo de preparar ameixas á mariñeira

Coa salsa mariñeira de Esencia Atlántica, só necesitamos unha ameixa de calidade e viño branco para ter este manxar local listo nuns minutos

Racións4

Poucos pratos hai máis típicos cando un sae de restaurante por Galicia que unhas ameixas á mariñeira. Agora, facelas en casa é cousa de moi poucos valentes. E iso que en si a elaboración non ten moita complicación, pero aínda con estas, imos facilitar aínda máis a tarefa. 

O primeiro é saber a variedade pola que imos apostar, porque o prezo difire e moito. Un prezo habitual por quilo o pasado ano oscilaba entre os 40 e 50 euros no caso da ameixa fina, ao redor de 20 euros a babosa e entre os 10 e 12 euros o quilo da variedade japónica. Iso si, a calidade tampouco é a mesma, e para pratos onde a ameixa apenas está maquillada o mellor é optar, se acada o peto, pola babosa. A japónica resolve un guiso ou un arroz e a fina pódese degustar á prancha.

Mari Luz González, xefa de cociña de Esencia Atlántica, demostra que hai que ter nocións moi básicas de cociña para bordar este prato en poucos minutos. Con viño branco, a propia ameixa e unha salsa mariñeira natural desta compaña da Costa da Morte, temos este manxar resolto. Porque con este concentrado elaborado a lume lento e formado por ingredientes naturais e saudables (aceite de olvia, cebola, allo, allo porro, perexil, pemento e sal).

Ingredientes
1,5 kg. de ameixas
1 bote de 270 gr. salsa mariñeira
Un chorrito de albariño
Instrucións
  1. Nunha pota mediana botamos un chorro de viño albariño e as ameixas, tapamos e deixamos abrir o marisco durante 6 minutos

  2. Escurrimos a auga do marisco e engadimos un bote de 270 gr. de salsa mariñeira de Esencia Atlántica, deixándoo quentar 1 minuto

Votación
33 votos
Comentarios

Esta é o xeito máis sinxelo de preparar ameixas á mariñeira