Rillete de sardiñas

Aínda que esta receita é habitual preparala con carne, dámoslle unha oportunidade cun produto do mar e o toque mestre: a salsa kimchi


Este entrante francés, habitual das charcuterías da zona noroeste do país, ten na súa versión con porco a alternativa clásica. Con todo pode prepararse de mil xeitos e, neste caso, Pilar de Mesa, responsable e profesora dos cursos de cociña Taller de Mesa, na Coruña arríscase coa sardiña e o orixinal toque da salsa kimchi. É un bo momento para darlle unha oportunidade á que é a salsa coreana por antonomasia, pero se non, obteremos igual un entrante delicado e saboroso que ademais, sérvenos perfectamente como idea para unha cea lixeira.

Ingredientes
Unha lata de sardiñas en aceite
100 gr. de queixo de untar
50 ml. de zume de limón
Media cebola
2 cucharaditas de salsa kimchi
Sal e pementa
Unhas rebanadas de baguette e olivas picadas como guarnición
Instrucións
  1. Escurrirle o aceite ás sardiñas e sacar da lata. Limpar os filetes para que a carne quede libre de escamas, espiñas e tripas

  2. Pasar por un vaso triturador a carne da sardiña limpa co resto de ingredientes. Convén ir botando aos poucos o limón para que quede a textura desexada: é dicir, a dun paté fino

  3. O kimchi é forte así que o deixamos á elección do consumidor engadilo ou non, pero aseguramos que é o que lle vai dar ese toque inconfundible

  4. Meter tapado por papel filme na neveira polo menos media hora

  5. Tostar o pan que prefiramos; no noso caos, baguette

  6. Para emplatar podemos usar a propia lata de sardiñas ben lavada, e acompañamos o entrante dunhas olivas picadas

Votación
6 votos
Comentarios

Rillete de sardiñas