Ceviche de mango

Esta ensalada fresca, que parte do clásico peruano, é unha opción orixinal, saudable e saborosa para encarar as altas temperaturas dos próximos días

Racións2

Agora si que si parece que as altas temperaturas se instalan en Galicia. Para celebralo que mellor que arrincar a tempada de bo tempo cunha receita fresca, saudable e, sobre todo, moi diferente ao que adoitamos comer habitualmente. Trátase dun ceviche que, neste caso, non leva nin peixe nin marisco; co cal, é perfecto para vexetarianos. Pero ademais, esta variante do clásico peruano gustará a todos os públicos pola súa incrible combinación de sabores. ¡Non deixes de probala! Pero antes de pórche ao choio, unhas recomendacións:

  • Na receita orixinal, do libro Ceviche do chef peruano MartínMorales , utilízase ají limo (algo complicado de conseguir en España), así que se non o atopas podes substituílo por un chile habaneiro ou outro chile vermello (teremos que controlar o punto de picor do chile que utilicemos). 
  • Un punto importante á hora de facer este ceviche é elixir mangos que estean no seu punto óptimo de maduración e atopar o punto perfecto de acidez, para o que é mellor que vaiamos axustando a cantidade de zume de lima.
O cociñeiro caseiro
Ingredientes
1 mango
Media cebola vermella
2 limas
Un chisco de sal
1 poliña de cilantro
Instrucións
  1. Para preparar esta ensalada súper estival o primeiro que faremos será pelar o mango e cortalo en cubos do mesmo tamaño.

  2. Colocamos o mango troceado nun bol amplo, engadimos un chisco de sal e a metade do zume de lima.

  3. Cortamos a cebola vermella en pluma, engadímola a un recipiente con auga fría con xeos e deixámola a remollo mentres preparamos o resto de ingredientes. Lavamos o cilantro, secámolo e picámolo.

  4. Este ceviche prepárase con ají limo, un ají ou chile moi popular en Perú que destaca polo seu aroma a limón. Este ingrediente é algo complicado de conseguir en España pero que podemos substituír por algún chile vermello que, aínda que non será o mesmo, é unha boa opción. Cortamos o ají limo (ou o chile), eliminamos todas as sementes e picámolo fino.

  5. A continuación, engadimos o ají limo ao mango, a cebola ben escurrida de auga, o cilantro e engadimos o resto de zume de lima. Removemos o ceviche con suavidade e deixámolo macerar na neveira durante 5 minutos.

    Pasados os 5 minutos retiramos a ensalada da neveira e servimos nunha copa ou nun bol.

  6. Xa temos o noso ceviche de mango listo. De entrada a combinación de mango, cebola e lima pode parecer estraña, pero os sabores e texturas combinan á perfección.

Autor David T. Cabanelas De Pontevedra, é o responsable da web https://elcocinerocasero.com/, un proxecto que nace coa filosofía de compartir receitas que todas e todos poidamos REVISAR facer en casa de xeito sinxelo e sen complicacións.
Votación
26 votos
Comentarios

Ceviche de mango