Sinxelo e saboroso: pasta con salmón teriyaki

Un prato completo estupendo para levar na tartera á oficina e aguantar o que quede de xornada laboral

Racións2

Hoxe recupero unha das miñas receitas favoritas: a salsa teriyaki. Séntalle ao salmón de marabilla, e coa pasta temos un prato en grao sumo completo (a min gústame usar lacitos e que queden ao dente, pero podedes usar o tipo que máis vos guste).

Se buscades un prato máis lixeiro podedes suprimir a pasta e engadir máis verduras salteadas, ademais dos pementos, daditos de cenoria, de cabaciña, etc. ¡Facéndoo sólo con verduras paréceme unha súper cea! E é unha opción que tamén fago con frecuencia. No meu caso, as verduras, tamén as prefiro salteadas.

¡Imos coa receita!

Ingredientes
200 gr de lombo de salmón cortado en dados
160 gr de pasta
1 cucharada (cda) de jengibre fresco rallado
2 cdas. de panela
1 cda. de mel
2 cdas. de aceite de oliva
5 cdas. de salsa de soia
1 cdita. de mostaza
2 cdas. de vinagre de viño branco
1 pemento verde e 1 pemento vermello
Sementes de sésamo tostado para decorar
Instrucións
  1. Pomos nunha tixola: o jengibre, a panela, o mel, o aceite, a salsa de soia, a mostaza e o vinagre, levamos a ebulición sen deixar de renover, baixamos o lume e deixamos que espese lixeiramente 10 minutos. A continuación, reservamos nun bol.

  2. Pomos auga a ferver con sal para cocer a pasta.

  3. Salteamos os dados de salmón na mesma tixola da salsa xunto cos pementos cortados en tiras

  4. Unha vez estea a pasta a escurrimos, engadimos a salsa, o salmón e os pementos, decoramos co sésamo e ¡prato listo!

Autor Lola Crespo Esta madrileña afincada na Coruña é, ademais de avogada, estilista culinaria e unha estupenda cocinillas. Proba diso dan os 11.000 seguidores que a diario seguen as súas receitas na súa Instagram: \frambuesaycaramelo. Podes seguila tamén no seu blogue: www.frambuesaycaramelo.com
Votación
34 votos
Comentarios

Sinxelo e saboroso: pasta con salmón teriyaki