Ensalada tépeda de garavanzos e aguacate

Unha mestura de ingredientes pouco frecuente que dá un resultado de dez. Esta receita ofrécenos toda a enerxía necesaria para facer un prato único rápido e rico

Racións2

Este completísimo prato é perfecto para tomar agora que chega a calor. A mestura de sabores, a priori pode resultar chocante, pero o certo é que está riquísima. Partindo dunha idea orixinal de Foodtropia , a conta de instagram da galega Paola Freire, que o prepara con fabas vermellas, neste caso habémoslle dado unha volta de porca con garavanzos e o toque especiado. Non se tarda máis de 15 minutos en preparar esta receita, que é saudable e daranos a achega protéico necesario para estar saciados. Cunhas espinacas baby en lugar do aguacate está, tamén, incrible.

Ingredientes
2 ovos
Algo máis de medio bote de garavanzos
1 aguacate
8 tomates cherry
1 allo
Aceite de oliva
Figa, pemento doce e picante
Pementa e sal
Instrucións
  1. O primeiro que hai que facer é sofreír o allo moi picadito en aceite de oliva. Ao cabo dun minutos engadimos os garavanzos, que teremos lavado moi ben previamente, e damos unhas voltas.

  2. A continuación, baixamos o lume e engadimos un pouco de figa, pemento doce e picante. Removemos e deixamos que se integren os sabores coa calor residual.

  3. Neste momento incorporamos dous ovos, e pomos o lume máis ou menos á metade de potencia. Salpimentamos, tapamos a tixola e deixamos que se fagan uns 3 ó 4 minutos.

  4. Colocamos nun prato con coidado para que os ovos non rompan. Engadímoslle aguacate en daditos e os tomatitos cherry cortados pola metade. Se fixese falta, volvemos a salpimentar.

Votación
48 votos
Comentarios

Ensalada tépeda de garavanzos e aguacate