Así fai o caldo galego o rei do cocido

Diego López «Moli», que está á fronte do templo gastronómico A Molinera (Lalín), descobre con esta receita como llas gasta cos mellores produtos con IGP de Galicia

Racións10

Di que os seus amigos cando ven un porco acórdanse del. É normal, mal que lle pese, pois se trata dun dos reis do cocido en Galicia, onde este platazo é relixión, grazas ao templo do que é cabeza visible: A Molinera, en Lalín. Diego López (ao que todos coñecen como Moli) con todo, é máis que cachucha; aínda que o certo é que coñecedor de onde reside o seu éxito, ao proporlle unha receita con lacón saíu pouco pola tanxente. «Caldo galego».

É certo que con cinco produtos con IGP como son os grelos, o lacón, a pataca, a tenreira e a faba de Lourenzá, malo será que a mestura non estea rica. Pero hai secretos que nunca está de máis descubrir si o que queremos é triunfar agora que chega o inverno.

 

Ingredientes
3 quilos de grelos
70 gr. de faba de Lourenzá seca
150 gr. de pataca branca pelada
70 gr. de chourizo de carne afumado
100 gr. de unto
1 quilo de lacón desalado
1 quilo de jarrete de tenreira
3 ósos de cana de tenreira
Instrucións
  1. O día anterior ponse a cocer o jarrete cos ósos de cana, o lacón e o unto.

  2. Cócese todo durante tres horas, cóase e déixase arrefriar.

  3. Ao día seguinte a ese caldo retirámoslle a graxa e nel cocemos as fabas.

  4. Cando as fabas estean case ao momento engadimos as patacas cortadas en dados, os chourizos cortados en dados e o grelo picado moi fino e escaldado previamente.

  5. Deixamos cocer todo xunto ata que a pataca e os grelos estean cocidos.

  6. Aínda que xa se podería servir, o ideal  é deixalo repousar un día para que se asente.

Votación
40 votos
Comentarios

Así fai o caldo galego o rei do cocido