Opositar aos 40, coa idade vén a confianza

La Voz

YES

Wavebreakmedia

Nuncaes tarde para conseguir un emprego estable. A academia Campus Training ofrece formacións flexibles que se adaptan aos perfís dos novos opositores, que cada vez se enfrontan á proba con máis anos e experiencia

25 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Opositar está de moda. Ser funcionario é tendencia. Sacar unha praza e conseguir un emprego fixo é cada vez máis o soño de moitos traballadores, persoas con formación e experiencia laboral que ven a preparación para unha oposición como un investimento de futuro. «O perfil do opositor cambiou moito nos últimos anos», afirma Berta Quintero, coordinadora de oposicións de Campus Training. Esta academia ten máis de 10 anos de experiencia no mercado e foi testemuña de como o opositor deixou de ser «o mozo que non sabía moi ben que estudar e quería un emprego fixo», a «traballadores con preto de 40 anos que buscan unha estabilidade laboral». A crise económica, o paro, a baixada dos soldos ou o empeoramento das condicións de traballo son algúns dos motivos que xustifican este cambio.

Os NOVOS OPOSITORES

Carmen Tomei, de 46 anos, é un bo exemplo do perfil destes «novos opositores». Tras traballar 17 anos como administrativa nunha empresa privada, despedírona e a primeira pregunta que lle veu en mente foi: E agora que fago coa miña vida? «A partir de certa idade as túas posibilidades de atopar traballo diminúen», afirma Carmen. Así que decidiu preparar unha oposición. «Véxoo como un investimento a longo prazo», explica. Con todo, non lle valía calquera academia. «Teño unha filla, moitos compromisos e non podo cumprir os horarios que esixen os centros máis tradicionais», apunta. Foi por iso que Carmen elixiu Campus Training: «Aquí teño flexibilidade total e a axuda dunha asesora pedagóxica que me vai marcando o ritmo do estudo».

O método de Campus Training, que foi recoñecido por distintos premios Excelencia Educativa, caracterízase por combinar a formación online e a distancia cun seguimento personalizado. Ademais, ofrece seminarios presenciais. «Os seminarios son, sin duda, un dos puntos fortes da formación», afirma. «Fun a un específico para a miña oposición e tamén participei nos de inglés, que me axudaron moito laboralmente».

A academia, con centros en Santiago, Coruña e Vigo, prepara a máis de 10.000 alumnos ao ano. «Cando un oposita, ten que saber que se trata dun obxectivo a longo prazo. É moi probable que non aprobes á primeira, pero non nos podemos vir abaixo», defende Carmen.

O elevado número de convocatorias e prazas fai que a oposición de Administrativo e Auxiliar administrativo, sexa unha das máis populares. «O seu temario é relativamente sinxelo, pódese preparar en pouco tempo e non teñen moitos requisitos previos», defende Berta Quintero, coordinadora de oposicións de Campus Training.