O pito Pepe: «Gusto aos nenos porque son como eles, pero con plumas»

YES

ANGEL MANSO

O Pito Pepe converteuse nun «best-seller» entre os máis pequenos. Leva máis de vinte anos voando polo mundo e aínda así en cada páxina dos seus libros sempre nos ten preparada unha sorpresa

01 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

1 Agardo que me digas algo máis que pío..

¡Pío, pío!

2 Por que crees que gustas tanto aos nenos?

Porque son como eles, pero con plumas.

3 E a ti, gústanche os nenos?

Si, porque son como eu, pero sen plumas.

4 Temos que rifarche un pouco porque o Pito Pepe non segue unha dieta moi sa, non?

Pero fago moito exercicio.

5 Que é o que máis che gusta comer?

Xornalistas.

6 E a túa mamá segue igual de grande, onde está agora?

Na granxa.

7 Cando saíches do cascarón? A túa primeira aparición foi fai vinte anos, pero parece que levas 14 anos á venda. Que fixeches durante eses anos?

Saín do cascarón hai 20 anos e desde entón non parei.

8 Como se vive nunha granxa? Ten que ser máis emocionante que nun xornal... Que noticias frescas pódesnos contar desde o campo?

Que non hai nada como vivir aquí.

9 Coñeces a Peppa Pig e á súa familia, tamén viven polo campo?

Non, isto está cheo de animais.

10 Que próximas aventuras vasnos contar?

Pois precisamente, unha delas ten que ver con números...

11 De quen es máis, de Papá Noel ou dos Reis?

Por que elixir?

12 Que pides?

Que os nenos do mundo sexan felices.

13 Que consello daríaslles/daríanlles aos pollitos que están a aprender a voar?

Que non deixen de intentalo nunca.