¡Eu digo... salta!

Carolina D. González-Bicada / S.F

YES

CEDIDA

COÑECES O «COASTERING»? Pedaleaches algunha vez sobre a auga? Avanza vento en popa a toda vea polos deportes deste verán e léache a tiros... de láser. Son pura adrenalina

28 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Queres deixar a piscina ao carón este verán e mergullarche no mundo da multiaventura cos deportes máis descoñecidos? Seguro que si. Pois por toda Galicia poderás atopar actividades máis que divertidas para practicar ti só ou con amigos, que poden facer moito máis amenas as vacacións que levas planeando todo o inverno.

Gustaríache descubrir lugares de Galicia que moi poucos conseguiron ver? Pois para todos os aventureiros que queiran vivir unha experiencia única chegou o coastering. Borja, técnico deportivo en barrancos na empresa Vertixe Aventura e Aventuras en Galicia, comezou hai anos a practicar e ensinar esta actividade que moi poucos coñecen. O coastering consiste en avanzar polas pedras dos cantís costeiros salvando as dificultades que se poden atopar. Poderás camiñar, nadar e saltar por todas as rocas que atopes como cando eras un neno. «É a forma máis íntima de coñecer realmente a costa de Galicia porque descobres os sitios máis escondidos, os que non ven a primeira ollada. A maioría da xente observa os cantís desde arriba, pero vivilos desde as rocas é totalmente distinto», explica Borja.

Outra das cousas que diferencian ao coastering é que chegarás a ver fervenzas, pozas ou tobogáns inesquecibles aos que non se pode acceder facilmente. Ademais, podes chegar a sorprenderche percorrendo un tramo de rocas entre unha praia e outra, que xa coñecías perfectamente, e atopar que no medio de ambas había un furnas ou piscinas naturais ao alcance de ti man que ti nin sabías que existían. «É verdadeiramente un mundo sen explorar que merece a pena», afirma o técnico deportivo.

Grazas ao coastering serás capaz de saber, coñecer e entender a Costa da Morte, o porqué do seu nome ou, por un intre, ser capaz de pórche no lugar dos percebeiros e entender en certo xeito as experiencias que viven día a día desde as rocas, aínda que con máis seguridade, arneses e controlado por un profesional especializado.

PEDALEAR SOBRE A auga

E das rocas e os seus saltos pasamos a pedalear sobre a auga. Si, liches ben. O sexa bike é unha nova forma de divertirche como un anano este verán. Unha actividade que ofrece Piragüilla Lecer e Aventura e que permite desprazarse pola auga, amais dunha bicicleta, mentres percorres o litoral e accedes a todas as praias da zona da Illa de Arousa.

Nuria é unha das persoas que xa viviu todo o que che pode ofrecer este deporte e repetirá sin duda. «É unha sensación nova porque ver que estás a montar en bicicleta pero polo mar, faise moi estraño. Resultou moi divertido porque ía con todas as miñas amigas, rimos unha chea e puidemos ver paisaxes preciosas. Foi un día que gozamos ao máximo», conta. Ademais é un xeito de practicar deporte de forma segura e, como comenta Nuria, sen risco algún. «Ao principio una das miñas amigas estaba un pouco asustada por se se caía, pero todo o contrario, porque cando subín sentina moi estable e segura. Os flotadores que ten son moi grandes e dan moita estabilidade».

E se o que che gusta son emocións máis fortes, non deixes de ler, porque aquí chega máis adrenalina. Se queres voar por uns momentos non che podes perder o kite surf, un deporte moi adecuado para a costa galega, xa que o vento é un máis nos nosos días de veraneo. Esta actividade consiste no uso dunha cometa, que tira do deportista, e que permite deslizarse sobre a auga amais dunha táboa. Un dos seus máis fieis seguidores, Marcos, que leva gozando do kite surf seis anos, conta que se necesita moita práctica e clases para chegar a poder dominalo. «Non é sinxelo chegar a manterche de pé na táboa, pero a sensación que tes cando o consegues é inigualable», destaca con entusiasmo.

ESCÓNDECHE E... ¡DISPARA!

Todos nalgún momento gozamos cun videoxogo de guerra ou pelexándonos como indios e vaqueiros... Pois grazas a Láser Combat Coruña podes chegar a atoparche nun campo de batalla real loitando contra amigos ou descoñecidos. Neste xogo as armas con láser son réplicas das que utilizan os SWAT entre outros corpos de elite, e teñen a última tecnoloxía de adestramento, non só pola precisión e alcance que chega ata os 400 metros, senón porque incorporan as estatísticas persoais de cada un dos xogadores. Se o teu é a estratexia, as actividades en equipo ou gozar con amigos dun xeito diferente... ¡non podes perdercho!

Non esquezas que o verán é curto e os días pasan voando. ¡Goza ao máximo cada momento!

SEXA BIKE

Un día desprázache á Illa de Arousa e goza das súas paisaxes e praias facendo exercicio dun xeito diferente e divertida xunto á túa familia ou amigos. 

LÁSER COMBAT

Unha loita aberta para descargar a tensión de todo o ano no traballo é unha das mellores opcións para este verán. Non o dubides e ¡ataca!

KITE SURF

O vento en Galicia é unha marabilla e por iso non o podes desaproveitar. Busca unha boa praia, agarra a táboa e a vela e... ¡Á auga!