A estes famosos agárdaselles por aquí

YES

Ana Garcia

GALICIA, REFUXIO DE FAMOSOS A lista de persoas famosas que prefiren as nosas tumbonas ás do Caribe crece cada ano. Veñen buscando o anonimato, pero en YES non se nos escapa un

26 jul 2018 . Actualizado ás 08:44 h.

Antes ou despois se deixarán caer por aquí. Seguro. Non din cando, case sempre nos pillan por sorpresa, pero a medida que avanza o verán acaban caendo nas páxinas de sociedade. Cando non son eles os que se encargan de presumir de #Galiciacalidade nas súas redes sociais, e para que nos imos enganar, facilítannos o traballo. ¡Así que que sigan subindo fotos!

Veñen buscando non se se o anonimato, a comida ou o sol. A segunda opción é ir ao seguro, co resto xa non está tan claro. Pero parece que algo ten que lles fai repetir verán tras verán, porque cada ano a lista de personalidades namoradas desta terra é máis grande. E iso que non nos esquezamos, a maioría deles poderían plantarse en calquera punta do planeta. Uns non perdoan a visita á familia na época estival, como é o caso de Alessandro Lecquio e María Palacios ou Raquel do Rosario. A canaria e o seu marido, o galego Pedro Castro, estiveron a principios do mes de xullo por aquí. Mesmo lles pillou a tromba de auga que caeu sobre A Coruña o pasado 30 de xuño. Un vídeo nos seus stories deixou constancia diso. A outros lles pode Galifornia. Nerea Barros ou os irmáns Casas (Óscar e Mario) repiten, non poden pasar sen subirse á táboa. Outros necesitan vir a casa, aínda que sexa un par de días, para recargar pilas. É o caso de Cristina Saavedra, que viaxa frecuentemente a Santa Cruz (Oleiros) onde reside a súa nai, ou Julia Otero a Monforte de Lemos. Outros simplemente para gozar do paraíso como Patricia Conde ou Alejandra Silva, que se repite o plan do ano pasado podería aparecer co señor Gere do brazo. E nós que os vexamos.

1. Patricia Conde

Repetirá a súa escapada ao Grove? A presentadora de «Wilileaks» deixouse caer fai un par de veráns polo Grove. Non sabemos se quedou satisfeita coa súa experiencia, pero se cadra á valisoletana dálle por repetir. A xulgar polo seu momento en redes sociais, de momento atópase percorrendo a costa amalfitana.

2. Álex González

A Illa de Arousa treme cada vez que vén. Cada vez que aterra en Galicia, xa sexa por traballo ou por pracer, provoca unha pequena revolución. Hai uns días subiu un vídeo aprendendo a bailar o «swish, swish» na Illa de Arousa, onde xa lle tocou traballar o verán pasado. ¡Canta casualidade!

3. Alejandra Gere

Virá con Richard a Oleiros? É todo un misterio se a recente señora Gere, antes Alejandra Silva, volverá a Bastiagueiro, onde teñen casa os seus avós paternos na que veraneaba de pequena, e se apúranme ata o ano apsado. Ela, cada vez que pode, presume de Galicia.

4. Belinda Washington

Con casa en Trabada e todo. A presentadora vén con frecuencia a Galicia, onde posúe unha casa neste municipio de Lugo. En máis dunha ocasión confesou que aquí leva unha vida tranquila e en paz, que «por nada do mundo quere que rompa». O primeiro día de verán xa estaba aquí. Iso é moi bo sinal.

5. Silvia Jato

Orgullo de terra e gastronomía. Outra que sempre presume de Galicia cada vez que pisa a súa terra, é a modelo e presentadora Silvia Jato. O pasado mes de xuño estivo por Santiago gozando dun precioso día ao aire libre como así se pode ver no seu Instagram, onde posou cunha amiga. 

6. A familia Casas

Non se perde as ondas de Razo. Os irmáns Casas, Mario e Óscar, comparten a súa paixón polo surf. É moi habitual velos practicando unha das súas grandes paixóns na praia de Razo, en Carballo. «O meu sitio preferido do mundo mundial», dixo Óscar nunha entrevista a YES. Como xa saberá, Mario viviu durante a súa infancia na Coruña. Todo se pega. 

7. Santi Cañizares

Unhas partidas na Toxa. Hai uns días o exportero do Real Madrid e do Celta estivo coa súa familia pasando uns días nas Rías Baixas, onde adoita participar nos campionatos do Casino A Toja. E segundo parece segue por Galicia. 

8. Irene Junquera

Paseo pola praia de Foz. Nunha entrevista para YES hai uns meses descubrimos que a xornalista vén con moita frecuencia a Galicia por unha razón de peso, xa que a súa nai posúe unha casa en Foz. Á vista esá que ten máis que medio corazón aquí.

9. Lequio e María Palacios

Uns días en Nigrán. Está por ver que pasará este verán, xa que hai pouco fixo pública a enfermidade que atravesa o seu fillo Álex, pero se todo marcha como sempre seguramente paseará por Nigrán, onde a familia da súa muller ten unha casa. Se finalmente vén, seguro que o veremos gozando das Rías Baixas porque case nunca di que non a unha foto. 

10. Julia Otero

A feira do viño, para obrigada. Un sempre teñen ganas de volver a casa, pero cando hai un plan case parece unha obrigación. Grazas ao Festival de Viño da Ribeira Sacra que se celebrou hai uns días en Monforte de Lemos puidemos ver á xornalista paseando polo dique. O seu foro co río Cabe de fondo foi moi encomiada entre os seus seguidores. Aquí téñena...