Os 39, a idade da beleza

YES

asd

ESTAMOS MÁIS GUAPAS A Esa IDADES? Un estudo analizou ás mulleres de portada da revista «People» e conclúe que agora as máis guapas teñen máis anos, como Julia Roberts, que foi elixida por esa publicación como a máis bela do mundo. Cambiou o canon? Os expertos avanzan que imos cara a un modelo máis real

20 may 2018 . Actualizado ás 18:20 h.

Falamos de mulleres e de mulleres moi guapas con éxito mundial, ata o punto de que saíron na portada da revista People. A partir de aí un estudo da Boston University School of Medicine (que sen dúbida parece fiable) analizou a idade de todas aquelas que deran a cara nesa cabeceira (modelos e actrices sobre todo) e compararon os resultados do 2017 cos de 1990. As súas conclusións confirman que as mulleres máis guapas de hoxe en día roldan os 40 anos, en concreto o estudo apunta aos 38,9 anos, mentres que en 1990 a idade media desas mulleres de portada era de 33,2. Un considerable aumento que permite exporse se o canon de beleza cambiou realmente en dúas décadas, tendo en conta, ademais, que algunhas desas mesmas mulleres que saíron en People en 1990 tamén foron portada no 2017, como Julia Roberts, que foi elixida pola publicación como a máis guapa do mundo o ano pasado. Aí están Cindy Crawford (52), Jennifer Aniston (49), Michelle Pfeiffer (60) ou Jane Fonda (80) para romper os tópicos.

Son máis guapas as mulleres aos 40? «É certo que o canon de beleza atrasouse -confirma Javier Valero, xefe do servizo de cirurxía plástica do Chuac-, porque a vida tamén fixo que nos fagamos adultos máis tarde; antes con 30 anos dicíase que unha muller era añosa, agora son moi poucas as que deron a luz a esa idade». Ese atraso inflúe tamén en que a imaxe que se proxecta a eses anos encaixe cun modelo máis natural, mulleres máis reais e menos sofisticadas, que se preocupan, iso si, por dar un aspecto saudable. «Eu diría -explica Valero- que aos 40 están máis seguras, nun momento tamén de éxito laboral e non teñen un afán por estimular o desexo sexual, o que queren é verse ben elas. Por iso elixen cirurxías estéticas menos agresivas e cada vez atrásanas máis; agora as mulleres fanse máis intervencións, é verdade, pero máis sinxelas, procuran que non as transformen tanto». En opinión de Valero, isto contrasta coas mozas máis novas que se inician antes nas operacións estéticas e seguen buscando un modelo máis esaxerado: cintura estreita, mamas grandes e nádegas prominentes. «Tamén é certo que aos 20 todo queda ben», indica o doutor.

Para o deseñador Julio Vila este paso adiante cara á naturalidade evidencíase tamén nas publicidades. Só hai que ver, por exemplo, a Judit Mascó (48 anos) ou Nieves Álvarez (44 anos) que esta primavera son imaxe del Corte Inglés e locen espléndidas en bañador en todos os seus anuncios. «Son mulleres maduras que dan unha imaxe coidada, pero afástanse do estereotipo de Instagram». E aínda que, segundo el, en cuestión de tallaje non houbo avance porque seguimos presionadas na delgadez, o que se proxecta con esa publicidade é un estereotipo de mulleres feitas e saudables. «Son corpos sans, son guapas, teñen un pelo marabilloso, un sorriso perfecto e unha pel luminosa», indica a bloguera e estilista Mar Gago: «O importante xa non é só a roupa senón o conxunto. Instagram satura no idílico e, en cambio elas veñen dicirnos que debemos coidarnos, levar unha vida saudable e que esa beleza “” non ten nada que ver coa das cirurxías». Pero, sobre todo, son mulleres que por moitos anos que cumpran non desapareceron da luz pública, mulleres que seguen activas e dan a cara. Quizais ese sexa o verdadeiro éxito: poder velas nunha portada con 50 anos ¡e sen Photoshop! Que triunfo.

52. Viola Davis. 11 DE AGOSTO DE 1965

asd

A actriz de «Criadas e señoras», que conseguiu o óscar pola súa interpretación en «Fences» mantense estupenda cumpridos os 50 e proxecta unha imaxe natural e saudable, afastada da imaxe artificial das cirurxías.

50. Julia Roberts 28 DE OUTUBRO DE 1967

asd

A noiva de América, a «pretty woman» por excelencia, foi elixida o ano pasado pola revista «People» a muller máis guapa do mundo. Unha distinción que recibiu por quinta vez (a primeira, aos 23 anos). Nai de 3 fillos, e gañadora dun óscar, protagonizou «Wonder» no 2017.

37. Alicia Keys 25 DE XANEIRO DE 1981

asd

É un das artistas que decidiu lucir sen maquillaxe. Fai exercicio e aposta «por estar coidada por dentro para estar brillante por fóra».

42. Reese Witherspoon 22 DE MARZO DE 1976

Mide 1,56, é nai de tres fillos e unha das actrices de máis éxito. Aos 40 triunfa con «Big Little Lies» e é unha das mulleres que lidera o feminismo en Hollywood. Ten o rostro matematicamente máis belo, segundo os científicos da Facultade de Medicina da Universidade Amorne de Filadelfia.