Déixache un Baby Bang

Patricia García www.donkeycool.é

YES

cedida

POR ENRIBA DAS CELLAS e moi seriéfilo. Da protagonista de «The end of the fucking world» á icona de estilo, Audrey Hepburn. No 2018 só quererás levar o flequillo curto, moi curto.

27 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

 Velaquí o flequillo máis cinematográfico. Se estás a pensar en pegarlle un trasquilón ao xeito, en empezar o ano cortándoche a melena, aquí vai a suxestión YES: o «baby bang» ou flequillo pequeniño, o mesmo que deixa as cellas ao descuberto. A raíña do mini bang: Audrey Hepburn e o seu almorzo con diamantes. Unha pequena homenaxe á icona do estilo xusto cando se acaban de cumprir 25 anos da súa morte. Porque Audrey nunca pasa de moda.

Pero este mini flequillo, o mesmo de Amaia en Oito apelidos vascos, ten outra musa televisiva. Ela é Alyssa, unha moza que se quere escapar de casa e que se mete nunha aventura sen fin con James en The end of the fucking world. A mini serie inglesa naceu para arrasar en Instagram, e o look de Alyssa para pasar desapercibida é o máis cool do planeta: vestido de flores, Dr. Martens, calcetíns brancos, chupa de papá e corte bob con mini flequillo. E, por suposto, tinguido de branco. ¡Por favor, póñame un Alyssa xa! O baby bang é moi de estrela da fama. E as Emmas de Hollywood (Roberts e Watson) saben ben o que se fan. Ou máis ben os seus perruqueiros. Porque as dúas se pasaron ao mini flequillo por amais das cellas. Unha loura platino -ou «blonde ice»- e outra morena.