Un cumpre «made in casa

YES

ESTEVO BARROS

UNHA FESTA «DIY» É o primeiro aniversario. Ela non se decata aínda, pero a ti faiche a maior das ilusións. Con tempo e enxeño, é posible facer unha superfiesta sen gastar demasiado.

09 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Aqueles aniversarios infantís con medianoites de queixo e sándwiches de nocilla en casa sobre un mantel de papel que cubría catro ou cinco taboleiros unidos por caballetes quedou no século pasado. Agora a festa trasládase a eses lugares de bólas con discoteca incluída na que nenos de 4 anos bailan os últimos hits infantís mentres os pais fóra se entreteñen como poden. Cúmprelos de antes daban máis traballo, diso non hai dúbida. Se non que llo digan ás nais que como a miña tiñan que limpar eses vasos de Fanta sobre os que nadaban gusanitos e patacas fritas.

Pero ata que chegan a esa idade «na que xa se decatan de todo», cúmprelos made in casa preséntanse como a mellor das opcións. Sen gastar demasiado, tirando das manualidades DIY e reutilizando a decoración de casa, pode quedar unha festa de 10. No cuarto dos pequenos adoitamos ter moitos obxectos decorativos, como caixas de luces, guirnaldas de banderines ou de letras, que se poden adaptar perfectamente aos aniversarios.

Unha merenda, mellor que unha comida. Un pouco de doce combinado con salgado. Batidos e palomitas. E que non falten as chuches.

Os DETALLES

ESTEVO BARROS

1. Batidos

Batido para refrescar a garganta durante a festa. Gustan tanto a maiores como a pequenos. Pódelos atopar xa feitos en calquera súper. Compra uns vasos monos con pajitas para servilos.

ESTEVO BARROS

2. Palomitas

As clásicas palomitas sempre son un éxito nun aniversario. Ao microondas e listas en 3 minutos. Dan pouco traballo e cheiran tan bieeennnn!!! Uns minicubitos de cartón son ideais para repartilas.

ESTEVO BARROS

3. Espetadas de donetes e gominolas

Un DIY doado de facer: coloca sobre uns palitos, deses que se utilizan para facer espetadas, donetes ou gominolas (no caso dos donetes, cun chega; coas chuches podes facer combinacións de dúas ou tres). Logo colocas as espetadas sobre un bote de cristal (calquera que teñas por casa, quítaslle as etiquetas e adhesivos).

ESTEVO BARROS

4. A torta

Xa que é unha merenda, e o gasto non é desmesurado, se en algo hai que gastar é na torta, a non ser que che animes a facela ti. Se non, confiar nun bo taller de repostería é a mellor opción. A torta da foto é do Taller de Ara.