Dez trucos para limpar a túa casa

YES

asd

YES selecciona para ti os mellores e máis curiosos remedios caseiros. Comprobado.

21 novs 2017 . Actualizado ás 18:33 h.

Que fariamos sen o bicarbonato... ¡Se vale para todo! O mesmo que o vinagre, o Fairy e a laca para o pelo. Moito rolo cos adiantos tecnolóxicos, pero, ao final, os trucos da avoa son os que mellor funcionan. Déixache de tanto robot-aspiradora e volve ás orixes. YES selecciona para ti os mellores e máis curiosos remedios caseiros. Comprobado.

1. O pegote de chicle

Intenta quitar o chicle que poidas antes de empezar. Despois, coloca a peza dentro dunha bolsa de plástico e métea no conxelador. Tras unha hora, pon un papel de celofán amais e outro debaixo e dálle co ferro. ¡Sairá todo!

2. O maldito bolígrafo

Todo o día co boli na man e, a final, pasa o que pasa, que acabas coa roupa chea de rayitas. Bótalles laca do pelo, frega un pouco, mete a peza na lavadora e listo. Ou dálle cun trapo mollado en leite.

3. A mancha de pintura

Sabías que a gasolina é man de santo para quitar as manchas de pintura? Si, a gasolina dos coches. E si, a pintura de brocha gorda. Truco contrastado e facilitado a YES pola monfortina Marina Armesto, unha experta na materia.

4. Aceite de oliva

Aínda que o truco para eliminar o lamparón de graxa ten múltiples variantes, sempre está o Fairy polo medio. En concreto, á mancha de aceite de oliva bótalle unhas gotitas de Fairy, logo teno un intre en remollo con algún quitagrasas e á lavadora.

5. A roupa desteñida

Truco comprobado varias veces pola lucense Raquel González: «Ferves auga cunhas follas de loureiro. Déixala arrefriar un pouco e metes a peza desteñida durante un par de horas. De cando en vez, remóvelo un pouco. ¡E vaise o desteñido!».

6. Eses pescozos de camisa

Raúl, veciño da Coruña, atopou o truco perfecto para manter os pescozos e puños das súas camisas brancos como o primeiro día: «Chorro de auga oxigenada + chorro de osíxeno activo (á venda no súper) e lavado a 60°». Non falla.

7. As lentes, baixo a billa

Calquera optometrista dirache que o mellor para limpar as túas lentes é metelas debaixo da billa e lavalas con auga e xabón. Con todo, empeñámonos en usar a toallita de tea, a desechable, a de papel, a perfumada... É bastante máis doado que iso. 

8. Bayetas que non cheiren

Certo é que, se cadra, tócache cambialas. Pero, se es tan cutre como para seguir cos teus mesmas bayetas roldando polo fregadero, un truco para que non cheiren é introducilas nunha cantidade de auga mesturada con Fairy e unha gotita de lejía.

9. Os ditosos azulexos

Que chulos eran cando estreaches o baño, non? Pero agora están que dan noxo. Pois para quitar a negritud das xuntas, feixe unha pasta con zume de limón e bicarbonato. Déixao actuar e logo dálle cun cepillito. Verás como o teu baño volve relucir.

10. Salpicadura de comida

O truco primigenio pasa por botarlle pos de talco no momento no que se produce o desastre. Se a mancha persiste, combate a graxa cun pouquiño de Fairy, logo xabón Lagarto e a clarear a peza ao sol, como se fixo toda a vida.