Toda pola pana

Patricia García www.donkeycool.é

YES

cedida

OBXECTIVO? Romper a pana vestindo pana da cabeza aos pés. O tecido máis visto nos vellos álbums de fotos dos anos 70 e 80 sae do armario dos recordos e sacódese o alcanfor.

04 novs 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Están a pasar Stranger Things na moda: a pana volveu. Para os protagonistas da serie de Netflix, a pana é vital. É o seu uniforme cazamonstruos: chupas forradas con borreguillo e pantalóns rectos. Pezas moi «sufridas», como dirían as nais, moi de tendencia para os expertos en moda.

Looks e tecidos para nostálxicos dos 80 que agora reviven cos grandes deseñadores. Co hip hop como inspiración, Marc Jacobs está disposto a partir a pana este inverno. Literal. Jacobs non está só. Na súa resurrección da irmá pobre do veludo acompáñanlle Nina Ricci ou Miuccia Prada.

O PANTALÓN VIRAL

Nas redes, o máis viral é o pantalón rosa de pana. Canastra de tres se o combinas cunha cazadora a xogo do mesma cor. E ollo ás americanas de pana, tan socialistas ou exsocialistas, e aos traxes marróns deste tecido, igualitos aos do raposo máis famoso do cine: Míster Fox. A pana está por todas partes. Abonda botar unha ollada ao último de Zara: vas querer dalo todo por ela. Hai ata quen está disposto a facer da pana o seu negocio: The & Cords Co só vende pezas confeccionadas con este tecido. Perfectas para ver calentita, e á moda, a segunda tempada de Stranger Things.