Puertas abertas para probar voz no coro Vigo Gospel

La Voz

VIGO CIDADE

cedida

03 oct 2022 . Actualizado ás 05:10 h.

Mundo Sonoro Escola de Música presenta o novo coro Vigo Gospel Choir. A cantante e profesora de canto coral Rebeca Rods encargarase de dirixir a formación vocal, que será codirigido por Noelia Álvarez. É todos os luns de 20.00 a 22.00 horas nas instalacións do centro situado na rúa Teixugueiras, 19, no barrio de Navia. Hoxe ten lugar unha xornada de portas abertas á que calquera persoa interesada en probar pode facelo de forma gratuíta apuntándose en mundoson\gmail.com ou chamando ao 886 136 063

A viguesa Rebeca Rods é unha das voces máis destacadas do panorama actual e dirixe varios coros entre Madrid e Vigo. Gospel Symphony é o seu novo disco.