Abel Caballero: «A Xunta está a traballar para deixar a Vigo sen auga»

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIDADE

Alfonso Rueda y Abel Caballero, en el 2016
Alfonso Rueda e Abel Caballero, no 2016 XOAN CARLOS GIL

Insiste na toma para garantir o nivel da presa de Eiras

06 ago 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou onte á Xunta de querer deixar a Vigo sen auga por que se nega a executar a toma de auga de urxencia para garantir o nivel da presa de Eiras. O rexedor socialista lembrou que xa o pediu en 2013 e 2017 e que a resposta por parte da administración autonómica foi negativa. Ademais encargaron un estudo conxunto as tres administracións que sacaron a mesma conclusión. «A Xunta esta traballando para deixar a Vigo sen auga. É responsable do abastecemento en alta e asinou un convenio, pero di que non á toma de urxencia porque, como é para Vigo, nin o soñemos», criticou Caballero.

O rexedor socialista sostén que o Ministerio de Transición Ecolóxica «está enfadadísimo» coa Xunta «pola desatención absoluta a unha área de 600.000 persoas». O alcalde de Vigo afirma que tamén defende a outros municipios como Cangas, Moaña, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar ou Mos, que dependen da presa de Eiras. Asegura que o Concello xa leva tempo aplicando medidas de aforro.