As pequenas estafas por Internet en Vigo duplicáronse en Nadal e as Rebaixas pola pandemia

E. V. Pita VIGO

VIGO CIDADE

Subdelegación do Goberno de Po

A Subdelegacion do Goberno di que só aumentan os ciberdelitos leves na provincia de Pontevedra pero non os graves

04 mares 2021 . Actualizado ás 13:48 h.

As estafas por Internet disparáronse un 110% en xaneiro e febreiro en Vigo e o resto da provincia de Pontevedra respecto de hai un ano, segundo revela un informe da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. 

Segundo a Subdelegación, os únicos delitos que aumentaron foron os leves de estafas a través de cartóns de crédito, que segundo explicou a subdelegada Maica Larriba «aumentaron un 110 % con respecto ao ano pasado». Constatou que estes delitos seguen en alza, como se observa desde o 2020, polo aumento da actividade «en liña».

Esta subida atribúea á pandemia e a que nos meses de xaneiro e febreiro sempre se rexistran unha importante actividade comercial, polas compras de Nadal e as rebaixas.

Larriba recalcou que a pesar de que o aumento dos delitos leves a través de cartóns de crédito é elevado, as estafas graves realizadas polo mesmo medio, descenderon un 19 % respecto de hai un ano.