Rutas gratuítas en catamarán para coñecer as tradicións mariñeiras

La Voz

VIGO CIDADE

Non dispoñible

Ariven organiza a semana azul Mergúllate do 12 ao 19 de decembro

02 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas (ARIVEN) organiza a semana azul Mergullate con nos para dar a coñecer as tradicións mariñeiras. Do 12 ao 19 deste mes hai previstas rutas marítimas en catamarán. As saídas serán ás once da mañá desde o Porto de Vigo e as inscricións son gratuítas. Ademais organizan a ruta polo Bouzas mariñeiro para coñecer as súas lendas e patrimonio. As saídas efectuaranse desde a igrexa de San Miguel de Bouzas ás once da mañá e ás catro da tarde do 12 ao 19. Para rematar, do 13 ao 20, con saídas desde o monumento de Julio Verne ás 11 e ás 16 horas, organízanse rutas para coñecer o Vigo mariñeiro.