Vigo entra en nivel vermello

VIGO CIDADE

M.MORALEJO

Nas últimas 24 horas rexistráronse 125 novos contagios

24 oct 2020 . Actualizado ás 14:27 h.

O Concello de Vigo entra por primeira vez, nesta segunda onda da pandemia, en nivel vermello no mapa de incidencia do covid-19 que elabora o Servizo Galego de Saúde, confirmándose a liña ascendente de contagios das dúas últimas semanas. Deste xeito, na área sanitaria de Vigo están no mesmo nivel Cangas, Vigo, Redondela, Tui e Salvaterra de Miño.

Nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Vigo rexistrou 125 novos contagios, elevándose a cifra de enfermos activos ata as 1.097 persoas. A situación hospitalaria é de cincuenta persoas ingresadas no Álvaro Cunqueiros, Povisa e Vithas Fátima. Sete persoas requiren os servizos intensivos dos dous primeiros hospitais.

Ata a data hanse curado 3.510 persoas e outras 141 faleceron a consecuencia da enfermidade.