Paseo guiado pola historia do cemiterio de Pereiró

La Voz

VIGO CIDADE

XOAN CARLOS GIL

Hai visitas teatralizadas ata o 15 de novembro

16 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Continúan as visitas teatralizadas ao cemiterio municipal de Pereiró. Para participar, os interesados en deberán anotarse por vía telemática, a través da web de Turismo de Vigo.

Cada luns, a partir das 9 horas, ábrese o prazo de inscrición para as visitas correspondentes á nova semana. As visitas dramatizadas realizaranse os días 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28 e 29 do presente mes e nos días 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de novembro.

Actores e actrices caracterizados como Concepción Arenal, Irene de Ceballos ou Cachamuíña, todos enterrados neste camposanto, guiasen aos asistentes por este cemiterio, que atesoura historias bastantes descoñecidas e unha gran arquitectura funeraria.