O BNG leva ao Congreso o deixamento polo paseo de Bouzas

La Voz

VIGO CIDADE

bng

Os nacionalistas denuncian que é un exemplo de «desleixo» das administracións

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O deputado do BNG Néstor Rego comprometeuse a trasladar ao Congreso iniciativas sobre a falta de mantemento do paseo de Bouzas, «desmantelado desde hai máis de un ano» e que ven como un «desleixo» das administracións. O concelleiro Xabier Pérez e a portavoz europea Ana Miranda reuníronse co colectivo Bouzas Abandonada e postaron ante un cartel do paseo no que pode lerse que leva máis de 500 días abandonado. No seu día foi valado pola caída dun ancián e o Porto e o Concello discutiron por ver a quen correspondían as competencias para arranxalo. O alcalde sinalou fai uns meses que xa estaba listo o proxecto para a súa recuperación.