Matamá abre a tempada de cocido

VIGO CIDADE

M.MoralejoM.Moralejo

Centos de persoas poñen o colofón á romaría máis madrugadora do ano degustando os derivados do porco

22 ene 2020 . Actualizado ás 12:58 h.

É tradición que Matamá arranque o calendario de romarías con San Amaro pero este ano deu tamén o pistoletazo de saída aos certames gastronómicos. O mércores sacaron de paseo ao santo, como en moitas outras localidades galegas, e hoxe puxeron o colofón aos festexos cun toque máis terreal. Os devotos do cocido igualaron case en número aos fieis de San Mauro. «A verdade é que estamos moi contentos porque preparamos unhas 200 racións de cocido e esgotáronse en dúas horas entre uns 240 asistentes», confirma Cristian González.

O único milagre foi o bo tempo, «porque como facía sol tamén se animaron a vir persoas de fóra de Vigo e co frío o que máis apetecía era o caldo e o cocido». O de de a multiplicación das provisións non foi tal senón que as racións eran cuantiosas. A calidade tampouco faltou porque os comensais do primeiro macro cocido de Matamá só tardaron dúas horas en dar conta das mellores carnes do porco e acompañadas, como tamén manda a tradición, polos chourizos, as fabas e a verdura. «Foi fantástico, todo un éxito que nos anima para próximas edicións», avanza a comisión de festas da Irmandade dás Neves de Matamá, á fronte do certame. Foi a maior mesa na parroquia, pero a tradición do cocido, está tan arraigada como a da romaría. «En San Amaro é obrigatorio tomar cocido. Aquí é o que se comeu sempre o día do santo, por iso xurdiu a idea de reunir a todos hoxe e facer esta festa», explican os organizadores. San Amaro foi a primeira do ano, pero xa pronto lle tomarán a vez as romarías das Candelas e, sobre todo, San Blas, na parroquia de Bembrive. de Miño encargou un estudo detallado do proxecto da senda que unirá o porto, contiguo á praia da Ribeira, coa praia Grande. O obxectivo do goberno local é manter o plan de interconexió