O Vigo deixa escapar o triunfo

La Voz VIGO

VIGO CIDADE

M.MORALEJO

Rugbi O Eibar saca un empate das Lagoas no último suspiro

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Decepcionante empate (25-25) do Universidade de Vigo nas Lagoas ante un rival directo, o Eibar, e nun partido no que sempre habían ir por diante no marcador. Cando todo apuntaba a que o triunfo quedaría en casa, dez últimos minuto fatais botaron ao traste o traballo do conxunto que dirixe o arxentino Pablo Cabrera. Polo menos cortaron o refacho de tres derrotas que acumulaban. Con este compromiso péchase a primeira volta do campionato en División de Honra B.

Os locais comezaron mandando no marcador grazas a un puntapié de castigo de Ezequiel Gabardos que foi respondido por outro de Francisco Coronel. Ese 3-3 no marcador aos cinco minutos ía ser a única igualada en todo o encontro ata o resultado final.

Dous puntapiés de castigo de Carlos Davila, cun ensaio de Sergio Calvo -o primeiro do partido- entre medias, permitían ao equipo vigués irse ao descanso arriba cun 14-3. Tras o paso por vestiarios ía haber unha primeira reacción do conxunto vasco, que acurtou distancias cun ensaio de Maggiolo e, xusto a continuación, unha transformación de Gaizka Arrizabalaga. Respondían os vigueses cun ensaio de Vicente Prieto e un puntapié de castigo de Carlos Davila que puña o 22-10 a falta de algo menos de 10 minutos.

Pero ese tempo ía ser fatal para o Universidade de Vigo, que ía ver como se lle escapaba a vantaxe. Un ensaio de Jokin García e unha transformación de Gaizka Arrizabalaga servían como avisos e co 22-17 Gabardos lograba un puntapié de castigo que facía respirar aos seus (25-17). A partir de aí, e co tempo xa cumprido, un puntapié de Gaizka Arrizabalga e un ensaio de Kaling na última xogada do partido permitían que o Eibar non se fose sen carga de Vigo.

O equipo das Lagoas pecha a primeira volta do campionato cun balance de tres vitorias, sete derrotas e este empate, o primeiro do curso.

?Agustín Francisco, Vicente Prieto, Emilio Brizuela, Carlos López, Brais Paradela, Sebastián Lordani, Bruno Franco, Facundo Muñoz, Ezequiel Gabardos, Carlos de Cabo, Dimas Larez, Maka Tatafu, Mauro González, Sergio Calvo, Carlos Davila.

?

Haytham O Ayadi, Ander Galego, Leonardo Gérez, Kepa Zamaloka, Franco Maggiolo, Doudou Kaling, Achraf Chajrane, Tiuete Asi, Jokin García, Facundo Coronel, Markel Liaño, Jon Ander Vergara, John Ngatoko, Jon Arrizabalaga, Gaizka Arrizabalaga.

Marcador: 3-0, 3-3, 6-3, 11-3, 14-3 (descanso), 14-8, 14-10, 19-10, 22-10, 22-15, 22-17, 25-17, 25-20, 25-25.