O 80% dos cuartos de hoteis de Vigo, libres na ponte da Constitución

La Voz

VIGO CIDADE

M.MORALEJO

No ano 2000 os hostaleiros queixábanse da baixa ocupación

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:40 h.

HEMEROTECA  Ocorreu no ano 2000. O sector turístico vivía a ponte de decembro dunha forma moi diferente á que goza este ano de avalancha de visitantes. A edición local de La Voz recolle en titulares que «A ocupación dos hoteis durante a ponte será do 20 %, e engade a información que «o 80 % dos cuartos dos hoteis de Vigo estarán libres». Ademais do mal tempo, outro dos factores que, segundo os empresarios de hostalería influía no baixo número de reservas era o feito de que «en Portugal o 6 de decembro, Día da Constitución, non sexa festivo alí, co cal a ponte queda reducido a tres días». O gasto medio era de 25.000 pesetas por persoa e día. A estancia media, entre unha e dúas noites.