O Concello non pode pagar un importante crédito

J.Lamas

VIGO CIDADE

M.MORALEJO

HEMEROTECA | Ocorreu en novembro do ano 1985

18 novs 2019 . Actualizado ás 09:35 h.

O Concello de Vigo atopábase en novembro de 1985 ante unha difícil situación de tesourería e falta de liquidez. Nese momento non fora posible abonar o último prazo da amortización máis os intereses dos 1.700 millóns de pesetas débeda pública, emitida no primeiro mandato de Manuel Soto, para financiar o Plan de Actuación Municipal.

A pesar de que soamente eran cento cincuenta os millóns a abonar, o Concello non puido cumprir coas súas obrigacións no prazo convido. A situación de caixa xustificábase como consecuencia da «xestión directa» do cobro de determinados impostos que entón recadaba directamente o municipio (contribución urbana, licenza fiscal), en lugar do sistema anterior, no que recadaba Facenda e transfería adiantos sobre o total á caixa municipal.

Ante a urxencia por afrontar pagamentos urxentes, como as nóminas de decembro, o goberno municipal pedía un novo crédito á Caixa de Aforros de Vigo.