Vigo, premio nacional Cidade da Ciencia

VIGO CIDADE

Alejandro Martínez

O ministro Pedro Duque recoñece os proxectos tecnolóxicos que desenvolve a cidade, como o 5G e o automóbil autónomo

20 sep 2019 . Actualizado ás 12:27 h.

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, outorgou a Vigo o premio nacional Cidade da Ciencia. O alcalde, Abel Caballero, valorou esta mañá que o galardón obedece a todas os proxectos de investigación que se están pondo en marcha na cidade como a rede 5G, o automóbil autonómo, a nova extensión da rede semafórica ou a administración electrónica.

Todo iso, valorou Caballero, «sitúanos á cabeza das cidades en ciencia e innovación. Significa que o que estamos a facer leva as tecnoloxías máis modernas que existen neste momento».

As distincións de Cidade da Ciencia e a Innovación son un premio estatal que recoñece ás oito cidades líderes que apoiaron investimentos en infraestruturas que favorecen a sustentabilidade económica e melloran o patrón de crecemento baseado no coñecemento e a innovación. Na categoría máis importante, de municipios de máis de 100.000 habitantes, foi galardoada Vigo xunto a Barcelona Castelló.