Bouzas xoga a final do dobres de Oberentfelden

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VIGO CIDADE

MARTINA MISER

Antes, a vilagarciá mídese á letona Spaka

20 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Á primeira hora da tarde de hoxe a vilagarciá Jéssica Bouzas e a tamén española Marta Custic, cabezas de serie número 1, xogan a final do cadro de dobres do torneo ITF Tennis Junior de grao 2 de Oberentfelden, Suíza. Tras gañar onte por un ajustadísimo 6-7(4)/6-4[10-5] ás italianas Mariani e Paoletti, a rusa Shcherbinina e a transalpina Trevisan son os seus rivais polo título. Antes, á primeira hora da mañá, Bouzas mídese á letona Spaka nas semis individuais despois de vencer 4-6/6-3/6-3 á maltesa Curmi.