Desmontan o Colexio Alemán sen saber onde o levarán

La Voz

VIGO CIDADE

benito

HEMEROTECA | En 1991 adoptaba a medida o goberno municipal

21 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Vigo aceptaba, a mediados de maio de 1991, a proposta de traslado das pedras do antigo Colexio Alemán, na rúa Torrecedeira, que se atopaba en avanzado estado de destrución. Aínda que o acordo se adoptou por unanimidade, os concelleiros de Esquerda Galega expresaron a súa protesta polo incumprimento da decisión adoptada tamén en pleno o pasado mes de febreiro.

EG pretendía que antes de desmontar o edificio, estivese decidido o lugar no que ía a reedificarse e de que forma ía custearse. O alcalde Manuel Soto recoñeceu que non fora posible este proxecto, pero que se comprometía a que o inmoble non desaparecese.

Entón, dicíase que houbo unha proposta veciñal para reconstruír o histórico edificio en Coia, pero que desde o goberno municipal non se tivo en conta.

28 anos despois daquela decisión, o edificio segue desmontado e sen que ninguén saiba que vai pasar con el no o futuro.