Arte saído do centro sociocomunitario de Vigo

La Voz

VIGO CIDADE

M.Moralejo

AXENDA | A exposición pódese ver no edificio administrativo da Xunta

21 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle ata o 30 de maio a exposición Pintar para crear. É unha mostra colectiva asinada polo alumnado da clase de pintura do centro sociocomunitario de Vigo (Pi e Margall).

Durante a inauguración, os artistas tiveron a oportunidade de expresar as súas inquietudes pictóricas e compartir as historias que esconden as distintas pezas que compoñen a mostra, composta por 55 obras en óleo e acuarela. A exposición está conformada por cadros de temática variada, entre os que destacan as paisaxes, os bodegóns e os retratos.

Desde o edificio da Xunta lémbrase que o salón de actos e a zona de exposicións están a disposición de colectivos e asociacións que os soliciten.