Catro meses de cárcere para un exboxeador por pegar a unha delegada embarazada

E. V. PITA VIGO / LA VOZ

VIGO CIDADE

PITA

A federativa, á súa vez, deberá pagar 180 euros de multa por losquear ao exdeportista porque non quería abandonar o ring nunha velada en Vigo

25 mares 2019 . Actualizado ás 23:01 h.

A xuíza do Penal número 1 de Vigo condenou ao exboxeador e campión Roberto D. a 4 meses de cárcere por un delito de lesións. A maxistrada ve probado que lle deu un gancho a unha delegada embarazada que lle mandou abandonar o ring nun combate oficial nun pavillón municipal de Vigo. Terá que indemnizala con 900 euros porque lle desencaixou a mandíbula. Na velada, na noite do 18 de marzo do 2017, pelexaba o fillo do expúgil e caeu desmayado por un golpe, polo que o seu pai acudiu a auxilialo e retirarlle o protector dental para que non se asfixiase.

A delegada da Federación Galega de Boxeo Gemma A., que era filla do seu antigo adestrador e estaba embarazada, foi botar ao expúgil do ring e, como este lle replicou, ela devolveulle un bofetón, razón pola cal foi multada por un delito leve de lesións con 180 euros. Logo, o expúgil apartouna dun lapote que lle desencaixou a mandíbula.