As esculturas de Álvaro de la Vega enriquen Metrópole

Jorge Lamas / M.Moralejo VIGO

VIGO CIDADE

A exposición A árbore da vida permenecerá no Marco ata principios de xuño

22 feb 2019 . Actualizado ás 23:19 h.

Ata o 2 de xuño, a primeira planta do Marco acollerá a exposición A árbore da vida, de Álvaro de la Vega, incluída no programa Metrópole. Perspectiva urbana da arte galego.

O ciclo Metrópole, comisariado por Rubén Martínez Alonso, naceu co obxectivo de facer unha viaxe ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis e, ao mesmo tempo, ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

Álvaro de la Vega é o protagonista da terceira achega do ciclo. Baixo o título A árbore da vida, a mostra reúne un bo número de pezas escultóricas procedentes da colección do artista que conforman unha gran instalación, producida especificamente para este proxecto, que dá nome á exposición.