A exposición do Centro de Estudos Fotográficos, con guía

La Voz

VIGO CIDADE

M.MORALEJO

Os visitantes pódense levar un exemplar dos editados

19 feb 2019 . Actualizado ás 05:35 h.

Cabodano do traballo editorial non Centro de Estudos Fotográficos é unha mostra-aniversario que festexa a gran actividade editorial que tivo o CEF de Vigo (Centro de Estudos Fotográficos) que en 2016, despois de 30 anos durante os que editaron 44 libros, cesa este labor, aínda que continúa co comisariado e a investigación no mundo da fotografía. No canto de propor unha exposición descritiva, como é habitual, invitaron a Ana Soler , Fran Herbello e Joan Fontcuberta a traballar sobre os libros publicados polo CEF. Baixo o comisariado de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, na mostra se diseccionan todas estas publicacións que os visitantes se poden levar. Mañá ás 19.00 horas hai unha visita guiada previa inscrición na web de Afundación.

Ata o 6 de abril • Luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h • Afundación (Policarpo Sanz, 13) •