Urbanismo concede licenza para demoler o hotel Samil

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIDADE

XOAN CARLOS GIL

Os traballos de demolición para levantar o novo complexo da empresa de Jove durarán catro meses

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xerencia de Urbanismo outorgou a licenza de demolición do antigo hotel Samil, traballos que vai durarn catro meses cun importe aproximado de 100.000 euros. As obras de construción do novo complexo hostaleiro arrincarán nos primeiros meses de 2019 e prolongaranse dous anos.

A demolición afectarán a unha superficie de 10.600 metros cadrados. Esta previsto que os promotores soliciten a licenza de construción durante o período de derriba. Attica 21 Hoteis unha sociedade limitada unipersoal, propiedade do empresario coruñés Manuel Jove, que adquiriu o hotel por 3,2 millóns para convertelo nun novo establecemento de categoría catro estrelas superior para o que prevé investir case 21 millóns. O novo establecemento, que terá catro bloques dun máximo de catro alturas, disporá dun total de 125 cuartos, piscina, spa, sala de convencións e 102 prazas de aparcadoiro.

O hotel Samil leva varios anos abandonado e con vixiantes de seguridade para frear a entrada de okupas.