Un edificio para os servizos centrais da universidade

La Voz

VIGO CIDADE

Benito Ordóñez

1991

19 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Un edificio moderno, flexible e con posibilidades de mobilidade e ampliación, albergará os servizos centrais de investigación da Universidade de Vigo, segundo o proxecto presentado o 19 de novembro de 1991 polo entón reitor, Luis Espada e o vicerreitor de Investigación, Federico Vilas. Nese inmoble situaríase o equipo de microscopía electrónico valorado en 130 millóns de pesetas e outros 22 laboratorios, entre os que se incluirán dous de absorción atómica. A adxudicación das obras estimábase que tería lugar en decembro e o prazo de execución sería de once meses.

Indicábase entón que o edificio estaría situado preto das Escolas Superiores de Enxeñeiros Industriais e de Telecomunición, sobre un terreo de 18.400 metros cadrados ao bordo da estrada central que percorre todo o campus.

Este edificio terá unha superficie construída de 3.200 metros cadrados, dos que 2.770 serían de superficie útil.