Gala de entrega de premios no Primavera do Cine

La Voz

VIGO CIDADE

cedida

Celébrase no auditorio Municipal de Vigo

13 may 2018 . Actualizado ás 05:35 h.

Hoxe • 19.00 horas • Entrada 5 euros • Auditorio do Concello • Despois de cinco días coas mellores obras galegas e lusófonas, actividades paralelas de gran éxito, como o Cine nos Barrios, coa proxección en Coia e Teis de Vigo 1972, a Mostra de Cine Brasileiro ou ou Cine Miúdo, o Primavera do Cine despide hoxe a súa sétima edición cunha gala de clausura repleta de humor e música. A gala final estará presentada por Chola, a it girl, mentres que Joãou Paulo amenizará a velada con pezas musicais brasileiras e ritmos bahianos.

Na gala entregaranse un total de oito premios: dous outorgados polo xurado profesional e seis polo público en base aos votos dos propios asistentes ao certame. O xurado profesional está composto por diversas personalidades de recoñecido prestixio e procedentes, na súa maioría, do mundo audiovisual. Eles seleccionarán a mellor longametraxe galleo e o mellor longo luso. Pola súa banda, o público concederá seis galardoes: o premio ao mellor curto galego, ao mellor curto lusófono, o mellor de animación, mellor videoclip, mellor longo galego e longo lusófono.