1,6 millóns para modernizar o comercio de Tui

La Voz TUI

TUI

cedida

A Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, visitou o mercado

31 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

A transformación, modernización e dixitalización do comercio local, tanto do sedentario como do mercado semanal dos xoves, e a reforma integral da praza de abastos será unha realidade grazas á execución do proxecto que comezará en breve e que deberá estar finalizado o 30 de xuño de 2024. Contará cun investimento de 1,6 millóns de euros dos que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo achegará 1,3 millóns de euros.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, recibiron onte en Tui á Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, acompañada da subdelegada do goberno, Maica Larriba. A responsable estatal puido coñecer in situ as actuacións proxectadas que recibiron unha alta valoración na convocatoria realizado polo seu departamento.

Tras ser recibida na casa do Concello, a secretaria de Estado de Comercio asinaba no libro de honra do Concello. Posteriormente realizaban un percorrido polo centro urbano ata achegarse ao mercado municipal que grazas a este proxecto será reformado integramente.