25 anos e 80 quilos de alimento para cans en agasallos

Monica Torres
m.torres TOMIÑO / LA VOZ

TUI

Protectora Aloia

Un mozo de Tomiño pediu que non lle fixesen agasallos polo seu aniversario se non que investisen o que ían gastar o comida para os animais da protectora Aloia

03 ago 2021 . Actualizado ás 20:46 h.

A maior sorpresa da festa de aniversario de Alicia Gómez non foi para ela se non para os seus invitados e para os voluntarios da protectora de animais Aloia. Esta moza guardesa, residente en Tomiño, decidiu cambiar os agasallos que previsiblemente ían facerlle os seus familiares e amigos por alimento para os cans da protectora de Tui.

«Eu non necesito nada realmente así que pedín aos meus invitados que destinasen o que puidesen a comida para os cans», explica a cumpleañera.

Creou un grupo de mensaxería instantánea para organizar a celebración e, aínda que a súa iniciativa chocou a máis dun, enseguida secundaron a causa, «porque saben que adoro aos animais, especialmente a miña nai porque é unha afección compartida».

Na celebración houbo a tradicional torta e un variado menú sobre mesa e mantel para humanos do que deron boa conta os invitados, pero os canes da protectora tamén tiveron o seu banquete aínda que foron moitos máis a repartir e nunca sobra. Os invitados de Alicia triplicaron a súa idade en quilos de alimentos segundo os cálculos da moza que o 21 de xullo cumpriu 25 anos

«A verdade é que non me agardaba tanto pero trouxeron uns 50 quilos de penso e outros 30 en latas, polo que creo que puiden entregar á protectora algo máis de 80 quilos en total», confirma a solidaria cumpleañera visiblemente satisfeita.

Non descarta repetir a dinámica xa que coñece en primeira persoa o inxente labor dos voluntarios desta protectora que multiplican desde hai anos as súas posibilidades para poder axudar a todos os canes que chegan ao seu refuxio, pero, ao parecer, é posible que a súa iniciativa renda exemplo entre algún dos seus invitados.

«Non se como os voluntarios da protectora son capaces de afrontar tantísimo traballo e creo que o importante é axudar no que se poida. Se os axudas con penso, eles poden destinar ese diñeiro a outros gastos, como os dos veterinarios», defende Alicia Gómez. Coñeceunos en Nadal. «Colaborei na súa campaña de recollida de alimentos e emocioneime. Sempre me gustaron os cans e a miña nai e eu xa participaramos noutras campañas», lembra esta moza coas ideas moi claras.

«O importante dos aniversarios é estar coa familia e os amigos. Ese é o mellor agasallo e o verdadeiro», di.