Os escolares de Soutomaior fan o seu propio sushi

Monica Torres
Mónica Torres SOUTOMAIOR

SOUTOMAIOR

cedida

Aprenden a levar unha dieta equilibrada e saudable a través de talleres

23 ene 2019 . Actualizado ás 11:38 h.

Lácteos, batidos naturais, embutidos, tortilla, ovos fritos, selectas, papaya. É o magnifico buffet que degustaron os escolares de Soutomaior no marco do proxecto promovido polo Concello para que aprendan en valor dunha dieta saudable. Tras anos de consellos sobre a importancia de non ir nunca ao colexio sen un bo almorzo, comida que é para os profesionais, unha das máis importantes do día, o goberno local decidiu dar un paso máis e fomentar estes hábitos saudables de nutrición. E a actividade non só se aprende na Casa Obradoiro Luis Seoane de Alxán. Grazas á colaboración do taller de emprego Río Pequeno, impulsado polos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbés, os escolares prepararon unha ración completa de sushi con recheo vexetal para gozar nas súas casas en familia.