1.500 quilómetros solidarios desde Salceda a favor da investigación da Síndrome de Rett

La Voz VIGO

SALCEDA DE CASELAS

cedida

Nove veciños do municipio protagonizan unha marcha para visibilizar esta enfermidade neurolóxica

22 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Salceda de Caselas súmase á iniciativa Quilómetros de investigación, que é unha ruta solidaria para apoiar a investigación sobre a Síndrome de Rett e que se desenvolverá entre o luns e o sábado. Os promotores son nove veciños do municipio, asentados,por diversos motivos e coincidencias no barrio da Feira, e que se puxeron en contactar co Hospital Sant Joan de Déu de Barcelona,para que lles autorice a levar a cabo a iniciativa, e así recadar fondos para a investigación da Síndrome de Rett.

Esta enfermidade é un trastorno xenético neurolóxico que afecta á forma en que se desenvolve o cerebro e que provoca unha perda progresiva das habilidades motoras e da fala.

Estes nove amigos percorrerán preto de 1.500 quilómetros entre Galicia, Castela-León, Cantabria e Asturias, saíndo de Salceda de Caselas o luns. Visitarán os os municipios da Rúa, A Bañeza, Aguilar de Campoo, Santillana del Mar, Pola de Siero, Ribadeo, Ortigueira, Betanzos, Rianxo e Lalín, para regresar de novo a Salceda o sábado 30.  Serán máis de 25 horas de rodaxe agardando con cada quilómetro axudar  a difundir e recadar o máximo posible por esta causa.