Dimisión en bloque da directiva do instituto de Chapela

Monica Torres
Mónica Torres REDONDELA

REDONDELA

CEDIDA

Mostran a súa «indignación» pola falta de resposta de Educación á súa demanda dun orientador

24 oct 2021 . Actualizado ás 00:42 h.

O equipo directivo do instituto de Chapela presentou onte a súa dimisión. «A decisión está baseada na falta de comunicación e de resposta por parte dos responsables da administración educativa sobre a necesidade de que se cubra a segunda praza de orientador», indicou o director Miguel Peres. Con el renuncian as dúas xefas de estudo, a secretaria e a vicedirectora. O seu malestar é dobre. A dimisión é pola falta de resposta ás súas reclamacións pero insisten na necesidade de que se cubra a praza de orientador que está en comisión de servizo.

«A maior indignación é non contestarnos, porque non nos valoran como intermediarios válidos cando son eles mesmos os que nos ensinan que somos unha administración», sinala Peres. Destacan que son máis de 1.100 os membros da comunidade educativa e que o centro está aberto desde as 8 da mañá ata as once da noite porque teñen ESO, FP E Bacharelato, en diúrno e nocturno. Sobre o orientador insisten en que «é unha necesidade real, especialmente para a xestión pola pandemia». «Se chega a fatar un profeor dunha materia sería un escándalo. A labor do orientador é fundamental, son as máquinas dun barco», defenden