Convenios no punto de mira en Redondela

La Voz REDONDELA

REDONDELA

cedida

A central sindical Csif sostén que hai acordos que non se poden cumprir «por falta de planificación», como o da Policía Local «porque non hai axentes para prestar atención ás vítimas ás 24 horas»

25 abr 2021 . Actualizado ás 16:41 h.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (Csif) asegura que o Concello de Redonde asina convenios que non pode cumprir. Refírense ao relativo ao departamento da Policía Local en materia de violencia de xénero. «A grandes trazos, con este convenio, o Concello aquire o compromiso de prestar unha atención as 24 horas as vítimas, que non pode cumplir por non dispor do número de axentes necesarios nin das instalacións adecuadas para atender estes casos que, en ocasións, implica a intervención con menores». Tamén consideran que non se pode cumprir, «por falla de planificación», o que afecta o servizo de urxencias municipal. Neste caso, apunta a Csif, «asinouse un convenio no que o GES adquire o compromiso de atender catro Concellos, carecendo dos recursos humanos e medios materiais necesarios». «Actualmente, o servicio de emperxencias SEIS non pode atender as emerxencias por non dispor de vehículo autobomba xa que está dado de baixa por varios fallos mecánicos», asegura a central sindical.