A fosa séptica da sede policial de Redondela provoca filtracións ao río Pexegueiro

m. t. REDONDELA / LA VOZ

REDONDELA

Óscar Vázquez

O edificio non se enganchou no seu momento á rede pública

21 ene 2021 . Actualizado ás 12:59 h.

O río Pexegueiro de Redondela sofre filtracións da fosa séptica do edificio da policía. Así o manifestou o edil de Medio Ambiente, Roberto Villar, nun vídeo que a Agrupación de Electores (AER) publicou, indicando que se trata dunha situación «insostible». Lembrou que o Concello conta cun regulamento de augas, de abastecemento e de saneamento municipal que non se cumpriu no seu día ao non engancharse este edificio á rede pública. Este non é o único caso de verteduras detectadas nos últimos meses. Un dos obxectivos de Villar é eliminar todas as filtracións para asegurar a calidade da auga. En novembro a policía local de medio ambiente detectou unha vertedura procedente da planta de Aucosa que, posiblemente, procedía tamén da fosa séptica aínda que, neste caso, debíase a unha aparente falta de mantemento.