Negan que haxa malos tratos nunha familia confinada en Redondela

e. v. pita VIGO / LA VOZ

REDONDELA

M. Moralejo

A nai que denunciou os feitos no xuízo: «Vivía con tres dependentes, é difícil e xa non puiden máis»,

02 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O avogado e a sogra dun mozo veciño de Redondela negaron onte nun xuízo que houbese un episodio de malos tratos na casa familiar o 19 de marzo, en pleno confinamento, durante o estado de alarma. A nai da vítima contou no xuízo celebrado onte no Xulgado do Penal número 1 de Vigo que o noivo da súa filla, que convivía coa familia, encerellouse co seu marido nunha rifa entre eles. A filla quixo intervir para separalos pero o noivo apartouna «para protexela». O avogado nega os malos tratos porque o acusado non quixo danala. Por contra, a Fiscalía sostén que dá igual o motivo inicial da agresión.

A nai é a titora do seu marido dependente, coida á súa filla discapacitada e o noivo medícase e teñen unha relación «tóxica» con pelexas. «Vivía con 3 dependentes, é difícil e xa non puiden máis», dixo a nai á xuíza. Aínda que inicialmente dixo que o seu xenro aferrou o brazo á súa filla, no xuízo desdíxose e asegurou que non viu ningunha agresión, só que el a apartou para protexela durante a rifa.