Talabarte leva ao directo «Ao son dá cociña»

La Voz

REDONDELA

ROI FERNÁNDEZ

O trío actúa hoxe en Redondela

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Multiusos da Xunqueira, en Redondela , acollerá esta tarde un concerto do trío Talabarte, incluído na programación cultural do municipio.

Este trío está composto por Quim Farinha (violín), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico), tres músicos cunha traxectoria chea de eloxios, non en balde, pasaron por proxectos tan importantes como Berrogüetto e Marful, e acompañado a prestixiosos músicos de Jazz , como Jorge Pardo, Walter White e Steve Brown.

O cemento que lles une nesta aventura é o son acústico, a música de raíz, a improvisación e a gastronomía. Todo iso quedou reflectido no traballo Ao son dá cociña, unha degustación para os sentidos e para a sensibilidade.

Hoxe • 20.00 horas • Redondela • 3 euros •