Un incendio obriga a desaloxar un hotel en Redondela

Monica Torres
Mónica Torres REDONDELA

REDONDELA

CEDIDA

O lume orixinouse na cociña dunha dos cuartos e ningún dos seis afectados resultou ferido

12 novs 2019 . Actualizado ás 21:21 h.

Un incendio declarado esta noite nun cuarto dun hotel en Redondela mobilizou aos servizos de urxencia, que desaloxaron o establecemento. Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume orixinouse na cociña dunha das estancias e afectou o mobiliario e á campá extractora, sen que se rexistrasen danos persoais. Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia para dar conta do incendio ao fío das doce e media da noite.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño, da Policía Local e de Protección Civil de Redondela. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos aos Bombeiros de Vigo. Foron seis as persoas desaloxadas que puideron regresar ao hotel unha vez extinguido o incendio