Achan en Madrid o cadáver dun escayolista redondelano desaparecido

E. V. PITA VIGO / LA VOZ

REDONDELA

SOS DESAPARECIDOS

Juan Carlos Gil, de 47 anos, trasladouse a Madrid a traballar e o seu corpo foi achado na cuneta dun parque e aparcadoiro

16 oct 2019 . Actualizado ás 18:51 h.

A Policía achou o cadáver do redondelano Juan Carlos Gil Vila, de 47 anos, quen desaparecera o 5 de outubro en Madrid. Trátase dun escayolista redondelano que se trasladou a traballar a Madrid mentres a súa esposa permanecía en Redondela. Ao parecer, o home morreu, presumiblemente de morte natural, o mesmo día ou ao seguinte da súa desaparición. O corpo foi atopado o 6 de outubro nunha cuneta dun parque ou dun aparcadoiro madrileño pero como estaba indocumentado a Policía necesitou varios días para cotejar as súas pegadas e confirmar a súa identidade. Hoxe, oficialmente, comunicaron á súa esposa o falecemento.

SOS Desaparecidos desactivou a alerta esta mesma tarde tras confirmar coa familia a identidade e darlle o pésame.